¡Ben escollido! Os fóras de carta de A Espiga (A Coruña)


Mola cando, escoitando os fóra de carta, cruzas ollares coa túa parella e sabes que os dous estades pensando “imos tomar iso”. Tres veces aconteceu o outro día en A Espiga e tres veces que, máis tarde, sorrimos co primeiro bocado cando os pratos - a coca con figos e touciño, a lura con parmentier de pataca e un peixe sapo estupendo - chegaran á mesa: “ben escollido!”.

Comezaramos antes cun par de opcións da carta, o xurelo con gazpachuelo de jalapeños e mollo nikkei e os mexillóns con escabeche emulsionado. Eu quédome con aqueles: seica atopamos a proposta máis sólida cando ficou preto dos sabores da terra.

O viño – fomos por copas – tamén foi un diálogo ben entretido, o que nos permitiu viaxar por varias DOs galegas e rematar con esa marabilla que é o Sitta Pereiras. ¡Boa escolma entre esas vellas paredes de pedra!

Comentarios

Deixa o teu comentario...

Arquivo

Formulario de contacto

Enviar