Recuncando en Casa Gaibor (Guitiriz, Lugo)


Pásame cos sitios que visito decote. “Bah, hoxe non vou postar, que xan van varias”. Porén, saco igual fotos. E logo resulta que a cousa está tan ben que coido que sería inxusto deixala ao esquecemento, ao efémero das historias.

Como hoxe en Casa Gaibor. A fluidez suave da croqueta de pescada co tartar de gamba; o mar dos berberechos XXL; a tersura do choco na tinta; a mordida do salmonete.

Por riba, os primeiros espárragos: con chícharos, dourada, holandesa e ovas. E os fabóns, os ourizos, ese fondo-crema dos propios ourizos e xema. Soberbios: sempre culler en Gaibor.

Non bebemos mal, tampouco: a caíño tinto de Zárate de garrafa condutora. Con algunha cousa máis que foi sacando Adrián.

Pero por riba do por riba: Ofe, Carmen, David, Adrián, Antón. A xente. Casa Gaibor, con casa en maiúsculas.

Comentarios

Deixa o teu comentario...

Arquivo

Formulario de contacto

Enviar