Mesón do Campo: marcando o camiño desde Vilalba (Lugo)
A primeira vez que estiven no Mesón do Campo foi hai dous anos. Íamos camiño de Ribadeo, a atopar de novo a cociña do magnífico Javier Montero. Xantamos ben e bebemos de carallo!
Desde entón temos voltado dúas ou tres veces. In crescendo. O de hoxe estivo mooooi ben.
O bebercio segue a ser de nivelazo. Non vou descobrir a Lassaigne, obviamente. Pero si ese ancestral 100% albariño que fai o grande Iago Garrido no Ribeiro. E cando vin que na mesa de a carón poñían o Roibal de Ribeiras de Armea, tiven que pedir unha copa, claro.
No prato, tremenda a evolución. Sabores nítidos, intensos, sen adornos innecesarios. Paté de capón, chícharo bágoa (de La despensa de lujo), ameixa babosa á tixola, porros á grella con romescu, kokotxas á romana con pirixel e cilantro. Queixo para rematar. Directo, contundente, sabedeiro.
Mesón do Campo é dos que marca o camiño na (r)evolución da restauración nas vilas galegas.

Comentarios