Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

III Xantanza de Blogastrónomos Galegos

Merece el evento un alto en la vorágine laboral que ha tenido mudo este blog en los últimos (ya largos) días. El maestre Gourmet de Provincias convoca la III Xantanza de Blogastrónomos Galegos, seguro que digna sucesora de la primera y la segunda.

En esta ocasión, La Estación, en Cambre (A Coruña) es el restaurante que acogerá tan magna celebración, el próximo siete de julio.

Queda por el presente, cómo no, convocado el II Concurso World Xantanza Photo, para el que aplicarán las bases del primero o, si se tercia, algunas más sencillas. Difícil va a ser superar el nivel de las finalistas de la anterior edición, pero nada se resiste a los fotoblogastrónomos (¡glubs!, qué osadía de neo-neologismo).

Y, por último, un reto a la sección ártabra de los blogastrónomos: ¿qué tal una expedición de reconocimiento para identificar dignos lugares para el tapeo previo?

Comentarios

  1. Eu vou a pedir axuda no meu blog, a ver se facemos xa unha pre-selección...

    E grazas por convocar de novo o concurso fotográfico, co que tanto disfrutei (pese a non gañar, unha cousa non ten que ver coa outra...) na anterior xantanza.

    ResponderEliminar
  2. Sen coñecer moito a zona, eu propoño como opción un pincho previo en Betanzos. Aínda que se sabedes dun sitio en Cambre aforramos o desprazamento.

    E que estean atentos os gañadores do I World Xantanza Photo, que vimos dispostos a dar guerra :-)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario...