Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2024

Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

A Mundiña (A Coruña): o pracer do ben feito

Imaxe
Aqui si. O carabinero perfeito de ponto e os ovos coa xema líquida e a puntilla crocante: o salpicón con trozos gordos de lubrigante e con ese aliño neutro que só potencia o importante (¡nótase a boa escola!); as ameixas cun lixeiro toque cítrico no mollo, deses dos de gastar moito pan; o ollomol co tempo preciso para deixar a carne xuguenta, rica. Ese precioso comedor de pedra de A Mundiña da para disfrutar do clásico moi ben feito. Lembro un post de 2014, pouco despois de que Diego Bello tomara o relevo de Luis Veira no Alborada. Escribía entón: "execución impecable". Hai cousas que se manteñen firmes no tempo. Ver esta publicación en Instagram

Caballa 14 (A Coruña): unha izakaya que ben vale a pena

Imaxe
Sao Paulo é a cidade coa maior colonia xaponesa fóra do Xapón e a súa oferta gastronómica, en cantidade e calidade, está á altura desa circunstancia. Para min, que devezo pola cociña dese país, a volta á Coruña ía ser unha perda relevante, e máis tralo peche do Óvera do gran Carlos Pérez. Por iso, unha das primeiras cousas que fixen ao noso regreso foi ir ao Omakasé Sushi Bar , e o que alí vin deixoume coa tranquilidade de saber que, alomenos, tiñamos unha moi boa opción na cidade. E, por iso, observei con interese a aparición de Caballa 14 , pequena izakaya na rúa Orillamar, até que onte fun coñecelo. Fomos polo omakasé, que inclúe sete nigiri, sashimi, un usuzukuri e un doce, sempre coa posibilidade de recuncar ou engadir algún bocado adicional. Gostei dos peixes e dos aliños. O ourizo foi dos mellores que teño tomado por aquí, lembrando a aquelas marabillas da costa central de Chile; moi bo o rodaballo, en sashimi ou misturado con atún nun dos nigiri da secuencia; tamén o car...

Tira do Playa (A Coruña): vista, peixe, brasa, nesa orde

Imaxe
O outro día, á saída do O Fragón , o paseo pola Praia Langosteira comezaba cando os últimos comensais saían do Tira do Cordel , lugar onde aconteceu unha das primeiras experiencias gastronómicas con maiúsculas das que teño memoria (aínda lembro esa tremenda robaliza chegando á mesa), hai máis de vinte anos. A pesar diso, nunca me animei a coñecer o Tira do Playa , que nacía en orixe como a versión coruñesa do restaurante fisterrá, aínda que coido que dese proxecto só queda o nome. Iso mudou hai un par de días. O local é espectacular, literalmente enriba do mar, cunha cristaleira de teito a chan que permite comerse a enseada do Orzán cos ollos: o mellor marco da cidade. Tomamos un tartar de atún Balfegó, rico, que merecía un mellor corte; unhas espectaculares gambas brancas de Huelva; e un rodaballo á brasa, de pouco máis de un quilo, cun ponto de cocción que eu cualificaría de conservador. A carta de viños ten cousas ben interesantes: o 69 Arrobas de Albamar estaba alí agardando ...