Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

A Mundiña (A Coruña): o pracer do ben feito


Aqui si. O carabinero perfeito de ponto e os ovos coa xema líquida e a puntilla crocante: o salpicón con trozos gordos de lubrigante e con ese aliño neutro que só potencia o importante (¡nótase a boa escola!); as ameixas cun lixeiro toque cítrico no mollo, deses dos de gastar moito pan; o ollomol co tempo preciso para deixar a carne xuguenta, rica.

Ese precioso comedor de pedra de A Mundiña da para disfrutar do clásico moi ben feito. Lembro un post de 2014, pouco despois de que Diego Bello tomara o relevo de Luis Veira no Alborada. Escribía entón: "execución impecable". Hai cousas que se manteñen firmes no tempo.

Comentarios