Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2025

Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

O novo rumbo do Timón Bar (Ferrol)

Imaxe
Hai máis ou menos un ano fomos tomarlle a última a José María Jordán ao Timón Bar , a piques de xubilarse. Algún tempo despois, coñecíamos quen lle ía dar o relevo e sorrimos: Dani Carballeira aos viños e Cosmik na cociña. Esta fin de semana achegámonos a Ferrol para comprobar se o sorriso tiña razón de ser. E tiña. Digamos que aconteceu unha evolución en tres tempos. Mola moito que, alén do nome, o bar en si mesmo permaneza case como na etapa anterior, á súa vez herdeira daquela Casa de Comestibles na rúa San José da Coruña. Na cociña, varios elementos moi recoñecibles seguen na carta, como o salmón gravlax ou o steak tartare, entre outros. Pero tamén aparecen pratos novos. En calquera caso, unha proposta moi ben resolta. Nós puxémonos nas súas mans e pola mesa pasaron ostras, sopa de tomate e remolacha, bonito encebolado con figos, o steak tartare, navallas á tixola, un linguado á bilbaína e, para rematar o salgado, os “callos cósmicos”, ben bós. Larpeira e proposta doce, t...

NaDo (A Coruña): un fervedoiro de ideas

Imaxe
Nestas pequenas crónicas trato de fuxir da restra de descricións de pratos. Non son quen para facelas ben e resulta máis aburrido que tentar contar algunha historia que xorde do xantar, da cea, da conversa, da contorna. Ocorre que non sempre é doado atopar ese colgadoiro para comezar a escribir. Pero, curiosamente, cando visito NaDo saio de alí cun fervedoiro de ideas. Serán os pratos, será a pedra, serán as conversas con Iván Domínguez cando se achega con algún prato, será ou viño, será o pan ou o tremer do flan. Non sei, pero algo é. Desta volta, podería falar de como ingredientes humildes poden virar pratazos: a faneca e o pemento, co escabeche; a berenxena, coa emulsión de galo. Do que aporta traballar con pequenas lonxas de vilas mariñeiras. De como pratos que parecían perfectos – as vieiras con holandesa de chalotas - aínda admiten unha volta de torca. De como aquel comerse o mar metafórico, hai máis dunha década na etapa do Loxe Mareiro , convértese en literal nas cococh...

A nova taberna de Casa Solla (Poio)

Imaxe
¡Que boa idea tivo Pepe Solla ! Eu lembraba ese recanto medio agachado cos sofás, no que, efectivamente, non apetecía moito sentarse a tomar un café ou incluso unha copa despois de gozar do menú no luminoso e acristalado comedor, sobrevoando o xardín. Agora, ese espazo mudou nunha taberna. Nunha taberna moi especial. Preside unha gran mesa-barra, rodeada dunha ducia de cadeiras, onde un cociñeiro finaliza en vivo os pratos diante dos comensais, coa axuda dunha pequena grella e pouco máis. Tras el, unha lousa indica as opcións do día: propostas sinxelas pero cun nivel de preparación acorde ao restaurante gastronómico que opera apenas uns pasos por detrás. Preside a mesa un tocadiscos, onde se pinchan os vinilos expostos nunha das paredes de pedra, por selección en estritas quendas dos clientes do día. Na miña visita, por alí pasaron Blur os Strokes ou The National, entre outros (afortunadamente, non me pareceu albiscar reguetón). Pero o máis importante chega en tres tomos: a carta...

Por fin, Culuca (A Coruña)

Imaxe
Cando saio por aí xantar ou cear con amigos ou familia, creádelo ou non, participo nas conversas, fágolle pouco - ou non moito - caso á comida e - case - non saco fotos. Por iso nunca escribo dos restaurantes que visito en grupo: non me gusta facelo se non prestei a atención que merece ao que me serviron. Ese é o motivo polo que, embora ter estado no Culuca moitas veces, nunca posteara alén dalgunhas stories. É que non é doado atopar lugares que permitan acomodar gustos diferentes e auto-limitacións nas escollas e, ao mesmo tempo, ofrezan unha cociña de nivel. A proposta do Culuca, ademais de boa, é o suficientemente versátil para estar seguro de que vai haber opcións para todos... ¡incluído eu! Xa tocaba: esta fin de semana fixen unha visita “consciente” e solucionei a eiva. Tomamos as últimas pingas dun verán que xa remata: o salpicón de lubrigante, o xurelo marinado, o tartar de bonito con codium; tamén os berberechos e o sargo ao forno; e, por suposto, ¡os callos! Outro punt...