Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2024

Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Bido (A Coruña): equilibrio e elegancia lonxe dos focos

Imaxe
Aínda lembro aquela conversa con Juan Crujeiras despois dun xantar con amigos na Estación de Cambre. Unha conversa chea de sentidiño, ben cos pes na terra. Era xullo de 2007. Onte, máis de quince anos despois (as barbas de todos algo mais brancas), outra longa conversa despois da cea en Bido : o mesmo sentidiño, os mesmos pes na terra. E, sobre todo, unha madurez reflectida nun menú degustación sen un só ponto baixo. Unha secuencia de pratos elegantes, equilibrados, sen florituras innecesarias; plenos de sabor, que é o importante. Un exemplo: algo tan simple a priori como uns champiñóns cun mollo de trompetas dos mortos vira un cañonazo de sabor. Outro: o polbo con dashi da sua auga, repolo e curry funciona perfeitamente, cada ingrediente no seu espazo, en harmonía. Máis: a cococha de bacallau con guiso de manitas e garbanzos. E así toda a noite, cun desfile que foi desde clásicos como o raviol de carrillera e rabo de vaca até esa merluza aveludada, no ponto exacto, con fabas e demig...

Pedra Furada (A Coruña): un novo veciño con personalidade propia

Imaxe
Fomos onte ao Pedra Furada , só unhas semanas aberto nun luminoso local á veira da praia do Orzán, algunhas xanelas con vistas ao mar. Nun primeiro ollar á carta, a sensación é a dunha proposta na linha dos locais con más éxito na cidade. Pero non: xa na mesa, todos os pratos amosan unha personalidade propia, algo que é de agradecer. O xurelo marinado non viña no habitual mollo cítrico, senón nunha allada; a vieira, nun mar e terra con aliña de polo e coliflor; as cigalas, con tomate e micro camaronciños fritidos... Moi ben os pontos (pedimos cousas crúas ou só cun golpe de fervor) e, xa tema persoal, un aliño do tartar presente pero que deixaba o protagonismo ao sabor da vaca. Hai cociña. Interesante carta de viños. A nosa escolla, un Veigamoura que foi unha estupenda compañía das cigalas até os chocos. Só é preciso corrixir os desaxustes en sala normais nos inicios de calquera local. Benvido Pedra Furada !!! Ver esta publicación en Instagram

Todo en orde no Lagar da Estrella (A Coruña)

Imaxe
Usuzukuri de corvina 😋, carpaccio de gambón ao allo, xurelo marinado 😋, tosta de sardiña, cigalas e ovos, Wellington de atún, flan... Todo en orde no O Lagar da Estrella !!! Ver esta publicación en Instagram

Material (Malpica): brasa, produto, sabor, calor

Imaxe
Vivir en Sāo Paulo muda a túa percepción do tempo cotián: 45 minutos para chegar ao restaurante do xantar do sábado é unha boa noticia. Entón, cando voltas a vivir na Coruña, iso dá moitos graus de liberdade: quere dicir que - case, case - toda Galicia está a distancia. Por exemplo, Malpica. Por exemplo, o @restaurantematerial. Proposta tan sinxela como complicada: produto e brasa; calor na cociña e calor na atención na sala. Robaliza, rubia galega, perfeitos de ponto. Antes, alcachofas - tamén na brasa - con papada e steak tartar. Ese Pezas da Portela de @valdesil_bodega que melloraba cos minutos. Moi bo nivel. Previamente, paseo até o Faro de Ponta Nariga, até a ermida de Santo Hadrián, polo porto de Malpica, baixo ese sol de xaneiro a oito graus. Quen vai quedar na casa con esas alternativas? Ver esta publicación en Instagram

Omakasé (A Coruña): ¡toma dúas cuncas!

Imaxe
¿Queres omakasé? ¡Pois toma dúas cuncas! Si, porque na barra de Omakasé Sushi Bar podemos outorgar a nosa confianza non só ao itamae, senón tamén ao somelier. A primeira é obrigada, claro, porque - facendo honra ao seu nome - o Omakasé só traballa con esa modalidade, coa opción dalgún bocado extra (que, por certo, é moi recomendable aceptar). É obrigada, pero vale moito a pena: comezando polo shari, a nai do cordeiro nestes casos; mas tamén polo peixe, ou, melhor dito, polas técnicas que acompañan ao peixe: maduración, afumado, ese toque da brasa... No noso caso, entre outros, vieira, dorada, robaliza, xarda, salmonete e, por suposto, os diversos cortes do atún. A confianza pode - debe - extenderse aos viños. Certo que se pode ir á carta, tamén de sakes. Pero, xa que estamos no Omakasé, temos que ir polo omakasé na bebida: que vai ser ben medido (catro, tal vez cinco escollas diferentes para toda a secuencia; nada de cantidades abraiantes e saturantes), que vai ser dialogado, que ...

Unha primeira aproximación ás propostas carnívoras da Coruña

Imaxe
As viaxes anuais veraniegas facían que, na inmensa maioría das ocasións, optásemos polos reis desa época do ano: os peixes azuis. Xardas, xurelos, sardinhas, bonitos non adoitan ser valorados (nen, por tanto, consumidos ou preparados en condicións) alá por Sudamérica. Os berberechos directamente non existen nen as ameixas se preparan como en Galicia. Entón, as carnes foron - probablemente de xeito inxusto - as grandes esquecidas das últimas visitas. Iso había que corrixilo, claro, e non atopamos mellor forma de facelo que comendo no que, até onde eu coñezo, é o mellor restaurante de carnes da Coruña: Divino Steakhouse A calidade do que tomamos xa se ve nas imaxes. Caiu un chuletón de vaca espectacular no seu equilibrio de tenrura e sabor. Antes, unha non menos espectacular cecina de boi. E, para acompañar, un VX Cuvee Caco do grande Sebio de entre as interesantes escollas na carta de viños. Tremendo. Uns días despois, foi a vez do Asador Gonzaba . Repetimos eleccións, cecina e c...