Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

A música que escoito

Confeso que son un obseso das listas de Spotify. Teño feitas xa máis de 230, por todos os criterios: décadas, estilos, bandas, moods, lugares... Se queredes dar un ollo, este é o meu perfil de Spotify.

No entanto, fican aquí embebidas algunhas listas que irei actualizando cando me lembre:

THE PLAYLIST. Un bo resumo do que gosto escoitar.

MEDIOS TIEMPOS OCHENTEROS. Para os que temos certa idade e saúdade de tempos de músicas mellores.

GUITAR GUNSHOTS. Algunhas guitarras.

POWER POP MY WAY. Isto levanta o ánimo en calquer circunstancia.

THIS IS THE STYLE. E isto tamén.

RAINY DAY MUSIC. Para momentos máis tranquilos.

FOO FIGHTERS. Os putos cracks.

Comentarios