Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

A forza da gravidade no Lagar da Estrella (A Coruña)

Imaxe
Mira que eu son de experimentar, de coñecer, de variar. Pero hai algo nesa parte inicial de carta de O Lagar da Estrella cunha forza de atracción, de gravidade que non consigo resistir. Non sei se é costume ou simple teimosía, pero hai escollas que non podo traizoar cando entro nese local. Disque agora lle chaman comfort food, coma se o inglés lle dera máis prestixio ao pracer de repetir. Entón, claro, alá foi o carpaccio de gambón ao allo; alá foron as tostas de sardiña afumada; e alá foi, sobre todo, o usuzukuri de corvina á galega. Chegou despois a tempada a desviarnos do camiño habitual: moi ricos os cogomelos salteados con apionabo e xema de ovo. Pechamos o salgado cun arroz de choquiños fritidos, antes de dar paso a un capítulo doce capitaneado, como non, polo inmenso flan. Talvez algún día consiga resistir esa gravidade. Até que chegue ese momento, seguirei gozando do ben feito: recuncar, aínda que sexa unha palabra galega, tamén ten o seu encanto. Ver esta publicació...

Casa Gaibor (Guitiriz): ¿quen precisa caviar?

Imaxe
Xa lestes, hai non demasiado, o moito que me gustou Casa Gaibor . En xeral, pero particularmente aquel guiso de verdinas con chipirón. Por iso hoxe, en canto vin a carta, sabía que esas lentellas con orella de porco e foie mi-cuit feito na casa ían ser unha pasada. Non me trabuquei, non. Viñan nunha cunca e meter o nariz nela foi un momento Anton Ego en Ratatouille. ¡Máis guisos así, por favor! Acabados de chegar das vacacións, comparecen na carta algúns pratos máis traballados. As anchoas van sobre broa (debería ser obrigado!) e con manteiga de Airas Moniz . Os vexetais son protagonistas: en frío, os figos coa dourada cortada como usuzukuri; en quente, uns morróns - carnosos e sabedeiros - con cecina, galmesán e piñóns. Aí segue o produto puro, claro. Iso non falta. Os berberechos, o sargo ao forno con esas patacas e ese pilpil. Lentellas, orella, patacas, broa, figos, pementos. Se hai cociña dese nivel, ¿quen precisa caviar? Deixámonos levar por Adrián para beber. Burbullas...

Taberna do Bico (Camariñas): produto, viño, simpatía

Imaxe
Hai veces, non poucas, nas que menos é máis. Nas que as a palabras estorban, en vez de axudar. Iso é o que sinto cando matino como falar da Taberna do Bico , despois de achegarme onte até Camariñas e xantar alí. Tres palabras, tres, abondan: produto, viño, simpatía. Nin máis nin menos. [Postdata 1: tremendos longueiróns, de tamaño, textura e sabor. A carta de viños, das de ler enteiriña de principio a fin. Os peixes, grandes, máis para ir catro que en casal: o noso sanmartiño de 1,3Kg - no punto certo - era das pezas pequenas.] [Postdata 2: O Bico alimenta o estómago. Os seis Km que separan o Faro Vilán da praia do Trece, alimentan o espírito. Obrigatoria a andaina antes ou despois do xantar.] Ver esta publicación en Instagram

55 Pasos (A Coruña): es como comes

Imaxe
Dez segundos despois de servir o prato, volvía Nataly á mesa con outra cesta de pan. “Di Balazs que os sesos mellor con broa”. Sesos de tenreira suavísimos, como un flan para bebés, cunhas patacas de Coristanco que se desfacían de moles, nun arrecendo xeral a manteiga. Era certo: para mollar broa a quilos. Pero tamén lle ía moi ben o champagne. Despois de acompañar case todo o xantar cunha espadeiro de Constantina Sotelo , á altura da moela á brasa falamos con Nataly e terminou abrindo unha botella de Pierre Baillette para arredondar a parte líquida. Porque comer en 55 Pasos vai indisolubelmente ligado a falar. A compor o que vai chegar á mesa a partir do “menú do día” e as opcións para complementar. A escoller os viños. A valorar os pratos. A conversar, sen máis. A deixarse levar polo tempo. Propostas recoñecíbeis - as anchoas, as ostras xapo, o otoro, os propios sesos -, outras lixeiramente variadas - a cecina agora con pan con tomate -, outras novas - a ensalada de cabaz...

Pirixel (Arteixo): máis mexillón, máis oficio

Imaxe
Volvemos este domingo a tomarlle a Suso no Pirixel o lumbrigante, caralludo nas dúas presentacións: o salpicón para comezar e o arrociño para rematar. Non é a primeira vez que mo ouvides. O que non vira vir é que un dos reis das nosas costas sofrese para levar as gabanzas da concorrencia diante do humilde mexillón. Cando o pedimos de interludio entre lumbrigante e lumbrigante, Suso asentiu e dixo: “hoxe están ben bos”. E vaia se estaban: carnosos, gordos, dos que enchen a boca, no punto certo e co fume da grella, ben presente, arredondando a cousa. Aínda quedou espazo para darlle a unha costeleta e rematar con queixo e marmelo. Pero eu xa ficara matinando nos mexillóns... Coido que a conclusión é clara: se hai oficio na cociña, o produto “nobre” é só unha das vías para chegar a entusiasmar cun prato. Os que seguides esta conta, lembraredes que só hai uns días estaba falando de fanecas, pementos e berenxenas en NaDo . Nesta época na que se fala tanto sobre a sustentabilidade do...