Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2026

Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Omakasé Sushi Bar (A Coruña): ¿falan os peixes idiomas?

Imaxe
¿Falan os peixes idiomas? ¿En que momento o galego da xarda ou o acento andaluz do atún de almadraba viran en sons xaponeses? Porque cando un nigiri pousa na táboa, recoñeces o produto, sabes de onde vén, sitúalo nun prato de sempre. O seu sabor está aí, pero non chega por onde esperas. Ven máis limpo, máis directo, sen ruído. É o peixe que xa coñeces… pero que de súpeto ten algo novo que dicir. Ou, talvez, está dicindo o mesmo, pero noutra lingua, cunha tradución ben fina. Unha tradución baseada na técnica, na tradición, no extremo coidado desde o tempero do arroz até a maduración do peixe ou o aloumiño do binchotan. Iso é o que acontece na barra de Omakasé Sushi Bar co que sae das mans de Adrián : un diálogo que non precisa tradutor; unha conversa en voz baixa na que todo cadra. A parte líquida agora está comandada por Javier Facal . Aquí non houbo traducións, nin falla que facía: a gheada e o seseo do Salnés ficaran íntegras no fantástico 69 Arrobas de Albamar . Ver esta ...

Recuncando no Buxo Taberna (Cambre)

Imaxe
Recuncamos en Buxo Taberna . Desta vez xa sabiamos a que iamos, así que lle dixemos a Iván que sacara o que quixera. E sacou uns boqueróns en vinagre con allo e oliva: xunto co fino de The Wine Bang , pasamos de Cambre en abril a Cádiz en xuño. Sacou a empanada de xouba e as croquetas. Uns espárragos - que bos están en abril! - ao dente con holandesa, e uns berberechos XXL cun mollo da súa auga, manteiga e allo. Sacou tamén un listado no ponto certo cunha demiglace do peixe e berenxena requeimada. E pedimos de sobremesa uns callos con patacas, regados con cava. Os viños mandan no Buxo. E ese Xesteiriña está boísimo: de inicio e, sobre todo, con dúas horas aberto, xa morno. Para volver e seguir volvendo. Ver esta publicación en Instagram

O Gaiteiro (Laraxe): WTF!

Imaxe
É, literalmente, unha casa nunha curva da Nacional, porta con porta co cemiterio de Laraxe. Pensas “WTF!” e lembras aquela gasolineira-enoteca de Luíntra. Premes no timbre, abre Suso co seu sorriso retranqueiro e avanzas entre a madeira, as lámpadas, as botellas, a música de jazz. E volves pensar “WTF!”, como cando a prestixiosa adega de Cambados muda sen previo aviso en furancho no medio da visita. Suso non se anda con coñas. Pedimos unha copa de tinto galego e saca unha tinta femia do Morrazo de Portela dos Bagos , puro Atlántico. ¡Non está mal para un cliente de primeira vez! Ten ollo clínico o tipo: “non estou para non arriscar”, di. Ficamos para cear. Seguimos pola caíño, agora no Salnés, unha botella de Genoveva 2014 de Forjas del Salnés . Van saíndo espárragos, anchoas, xamón, queixo; mesmo outro “WTF!” co tremendo foie. E hai que pechar, faltaría máis, probando algún dos moitos champagnes dispoñibeis. Abraiante. É igual que sexa unha gasolineira na Ribeira Sacra, un f...

A Serra (Narón): ¡non vos fiedes dos sinais!

Imaxe
Viñamos de gozar da vista da fervenza do Belelle cando batemos cun sinal que indicaba o miradoiro do Coto de Ancos a tan só un Km. Comprobamos tres cousas: que a sinalización é moi mala (si, concelloneda, fáganlle caso aos veciños!); que o Waze (que puxemos demasiado tarde) ten serias limitacións coas corredoiras e o rural galego en xeral; e que eu, como condutor, teño tantas ou máis limitacións aínda (véxase a última foto). A cousa é que, tarde, mal e arrastro (grazas pola paciencia, Dámaso ), conseguimos chegar a Pedroso, a A Serra . E alí esquecemos axiña o atropelado da viaxe. En particular, as orellas á feira. ¡Que orellas! Melosas, sabedeiras, cun mollo xelatinoso deses. Molou moito tamén o bikini, con lacón ben torradiño, queixo de Arzúa e xema de ovo. E as croquetas de lura coa súa tinta. Caeron tamén callos ao forno e un bo steak tartar de pre-sobremesa, abrindo paso á sorprendente porén rica croqueta de torrija con xeado de pistacho para pechar. Na copa, un clásico: o...

Unha historia de estrada diferente en Restaurante Delfino (Moeche)

Imaxe
Edificios impersoais, sen alma. Pouco tráfico na estrada, sitio de máis para aparcar. Comedores grandes, fríos, cunha estética funcional que ás veces raia no desleixo: deseñados para seren esquecidos. Lugares que asociamos a unha certa idea de resignación, a ese territorio un pouco triste onde ninguén agarda ser sorprendido. Algo rutineiro, previsíbel, case mecánico repítese en moitos dos restaurantes espallados polas estradas secundarias do país. Por sorte, non en todos; desde logo, non en Restaurante Delfino (Moeche, non moi lonxe de Ferrol). Porque nada tiñan de rutineiras aquelas kokotxas. Menos de previsíbel o usuzukuri de dourada. Pouco de mecánico o linguado. Ameixas e peixe sapo á cedeirense na mesma liña: sen estridencias, precisos. Igual nos doces: un bo cremoso de queixo de Moeche e unha torrija de roscón. Criterio, intención, vontade. Outra historia. Bebemos o delicado Fulcro Equilibrio de Chicho Moldes . Agora, disque nesta casa tamén hai espazo para sorpresas no ...

Recuncando en Casa Gaibor (Guitiriz, Lugo)

Imaxe
Pásame cos sitios que visito decote. “Bah, hoxe non vou postar, que xan van varias”. Porén, saco igual fotos. E logo resulta que a cousa está tan ben que coido que sería inxusto deixala ao esquecemento, ao efémero das historias. Como hoxe en Casa Gaibor . A fluidez suave da croqueta de pescada co tartar de gamba; o mar dos berberechos XXL; a tersura do choco na tinta; a mordida do salmonete. Por riba, os primeiros espárragos: con chícharos, dourada, holandesa e ovas. E os fabóns, os ourizos, ese fondo-crema dos propios ourizos e xema. Soberbios: sempre culler en Gaibor. Non bebemos mal, tampouco: a caíño tinto de Eulogio Pomares de garrafa condutora. Con algunha cousa máis que foi sacando Adrián. Pero por riba do por riba: Ofe, Carmen, David, Adrián, Antón. A xente. Casa Gaibor, con casa en maiúsculas. Ver esta publicación en Instagram

Mesón do Campo: marcando o camiño desde Vilalba (Lugo)

Imaxe
A primeira vez que estiven no Mesón do Campo foi hai dous anos (grazas, Manolo !). Íamos camiño de Ribadeo, a atopar de novo a cociña do magnífico Javier Montero . Xantamos ben e bebemos de carallo! Desde entón temos voltado dúas ou tres veces. In crescendo. O de hoxe estivo mooooi ben. O bebercio segue a ser de nivelazo. Non vou descobrir a Lassaigne, obviamente. Pero si ese ancestral 100% albariño que fai o grande Iago Garrido no Ribeiro. E cando vin que na mesa de a carón poñían o Roibal de Ribeiras de Armea , tiven que pedir unha copa, claro. No prato, tremenda a evolución. Sabores nítidos, intensos, sen adornos innecesarios. Paté de capón, chícharo bágoa ( La Despensa de Lujo ), ameixa babosa á tixola, porros á grella con romescu, kokotxas á romana con pirixel e cilantro. Queixo para rematar. Directo, contundente, sabedeiro. Mesón do Campo é dos que marca o camiño na (r)evolución da restauración nas vilas galegas. Ver esta publicación en Instagram