Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2024

Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Landúa (Mazaricos): vale moito a pena a viaxe ao medio de ningures

Imaxe
De Coristanco, de Fisterra, de Barallobre, de Santiago. Todo o produto que chegaba á mesa tiña o seu apelido. As cenouras baby si eran da propia horta. Non hai moito máis Km 0 en Landúa porque é imposible, porque arredor do restaurante case non hai nada, puro rural (os últimos cincocentos metros son por unha pista de terra). E aí, literalmente no medio de ningures, unha cociña que cativa, como cativan as paisaxes da fervenza do Ézaro a só uns poucos quilómetros. Un menú, desta vez, ben outonal, con predominio de horta e mar, tamén presenza do monte. Estupendas as vieiras en salsa do seu coral, as verdinas con pilpil e peles de bacallau, os dous pratos de cogomelos, o punto tanto do salmonete como da pescada. E un viñazo, o Bastardo 2016 de José Luis Mateo. Cinco mesas. Alberto na cociña. María chanzos arriba e abaixo sen perder o sorriso. Eles sós. Único menú de dez pratos. Carta de viños notable. E unha contorna natural preciosa arredor. Vale moito a pena a viaxe ao medio de ning...

Xantar en d'Berto (O Grove) é un escándalo

Imaxe
O do restaurante d'Berto é o que se denomina, en termos técnicos, un puto escándalo. Nada máis que engadir, señorías. Percebe xigante (pedímolo de sobremesa, certo); cigala desa, da que lembras, da que se sae do prato, case 400 gramos, no punto exactérrimo; berberecho xigante tamén, esferificación natural do mar; centola da de pelexar con ela moito, terminar suando, lamber a caca; palometa vermella (a parte do pescozo, a boa, a de rabuñar as fazulas). Viño de Albamar e de Luis Anxo. Ver essa foto no Instagram Uma publicação compartilhada por Manoel Foucellas (@manoelfoucellas)

Pedra, madeira e lume en Magoya (A Coruña)

Imaxe
Unha nova opción de brasa, desta vez no corazón da zona dos viños; pedra, madeira e lume na rúa Barrera: Magoya Comezamos con forza nas entradas: moi boas as moelas, tamén a morcilla; o steak tartar co aliño no se punto. Non sei por que é tan difícil de atopar a entraña nas cartas dos restaurantes, incluso dos asadores: é suculenta, sabedeira. Un acerto de Magoya ofrecela. Pinchazo, porén, no ojo de bife: de longo moi cocido, aínda sendo pedido mal pasado. No servizo - especialmente no viño - nótase a recente apertura. Nada que non se poda curar co tempo. Boa escolma na adega, en calquera caso. Outra proposta para ollar de preto como evolúe no tempo. Ver esta publicación en Instagram

Unha nova visita ao Fragón (Fisterra)

Imaxe
Trato de ser o mais obxectivo que podo con todo o que conto por aquí, se é que se pode ser obxectivo ao expresar gustos gastronómicos. Conto o que me gusta moito, tamén o que me gusta menos pero coido que vale a pena. Normalmente, fuxo de contar o que non me gusta: ao final, isto é para pasalo ben, ¿non? Pero non sempre o consigo, porque hai lugares, viños, produtos aos que, confeso, sucumbo, réndome. Un deses lugares é O Fragón . Por todo. Polo agarimo que destilan en todo o que fan, do mar ao prato: parece que coñeceran cada ostra, cada ourizo, cada sardiña, cada lura que chega á súa cociña; a cada mariñeiro, a cada mariscadora, a cada labrego, a cada redeira da bisbarra que participa no proceso. Pola súa teima en aproveitalo todo, xa sexa para patés, para aceites, para darlle unha volta a aquela receita. Pola súa amabilidade. Pola paisaxe desas inmensas xanelas á ría de Corcubión, ao Pindo, á praia Langosteira. Pola escolma de viños. E pola cociña, claro. Desta vez, sobran...

O Bocho: unha boa opción en Laxe

Imaxe
Hai algo moi especial en ver como agroman proxectos gastronómicos interesantísimos en vilas e aldeas, en recunchos por toda Galiza, de Boqueixón á Serra de Outes, de Mazaricos a Malpica, de Ponteceso a Ribadeo. Dalgúns, de bastantes, xa teño contado por aquí. Porén, aínda hai moito por facer cando falamos dese nivel medio, máis cotiá, que eu coido que non está á altura do que podemos dar. O outro día, en Laxe, queríamos ter un xantar rápido – pero bo, con material da zona – antes de dar unha camiñada polo faro e a praia de Soesto. Unha rápida pescuda en redes, un ollo polos locais máis preto do porto, e demos co Bocho . O inicio non foi moi prometedor: unha resposta dese xeito cando tentamos reservar un anaco antes, unha carta de viños que confundía castes con DOs, unha aparencia máis de bar que doutra cousa. Pero o expositor co peixe fresco (o lugar está a poucos metros da lonxa) e un Instagram que suxería un bo trato da brasa fixeron que ficáramos. ¡Que positiva sorpresa! As am...

Terra (Fisterra): relevo xeracional no fin do mundo

Imaxe
É abraiante o que está acontecendo en Fisterra, as cousas interesantes que están xurdindo alí. Aproveitamos un fin de semana longo cun tempo estupendo – 22 graos e nin unha nube en pleno novembro – para volver a locais que xa son clásicos para nós e saldar algunha débeda, como a que tiñamos co Restaurante Terra de Brais Pichel . E alá fomos, nunha noite de manga curta, a ese pequeno e cálido comedor de madeiras claras, pouco máis dunha ducia de comensais. Fomos a gozar do produto do lugar, do día, preparado dun xeito que fuxe do tradicional pero que, especialmente a través dos fondos, contén a presenza dos outros elementos para non restar o merecido protagonismo daquel. Moito mar, claro: lura, albacora, mexillón, xurelo (fantástico con esas fabas), robaliza; o año e o centeo en representación da terra. No inicio e no final, o máis sinxelo: o pan de Panadería Germán e o queixo. Outro relevo xeracional, outra aposta por unha vila, outro proxecto que marca o camiño. Ver ...