Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Rías Altas

Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Tradición, produto e vistas en Nito (Viveiro)

Imaxe
Carallo, manexan bo produto en Nito . A nécora e as ameixas do inicio do menú eran monumentais, tanto que case opacaron un bo salpicón de lubrigante que chegou no medio delas. Tamén saben guisar, dándolle ás luras ese fondo espeso e sabedeiro que cada vez se ve menos. Moito había que non tomaba bonito en rollo: este estaba moi bo. Talvez a robaliza do peche fora o menos sobranceiro. A adega non queda atrás, non. Os grandes galegos están alí todos: o Balado de Zárate foi unha magnífica opción, das moitas que había a escoller. E, claro, despois está ese balcón sobre a praia de Area, cunha vista que alimenta por si mesma. Tomar o café alí despois da homenaxe na mesa foi o colofón dun plan magnífico, tralo roteiro por Ortegal que amosei por aquí hai un par de posts. Ver essa foto no Instagram Uma publicação compartilhada por Manoel Foucellas (@manoelfoucellas)

As Rías Altas son un lugar máxico...

Imaxe
As Rías Altas son un lugar máxico... Loiba, Herbeira, Bares, Ortegal, O Barqueiro, Cedeira... Ver esta publicación en Instagram