Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2024

Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Bereket (A Coruña): unha nova proposta de carnes e brasas

Imaxe
Ten unha sala moi acolledora, un servizo amable e atento, o pano de fondo do Orzán. Ten até dúas opcións de menú degustación, algo interesante para, nun restaurante de carnes, dar un paseo pola grella cando vas en parella ou só. Porén, acabado de facer o primeiro aniversario, coido que Bereket aínda precisa un puntiño máis na cociña. O menú Lume abriu, por exemplo, cun carpaccio de wagyu suculento á vista, pero cun tempero demasiado presente para a sutileza desa carne, que ficou inmerecidamente agochada. Así e todo, o polbo que chegou despois estaba fantástico, tremendo tentáculo á brasa co punto certo. As carnes deixáronnos un pouco fríos. Viñan tres cortes de entrecot de Chianina, boi galego (o mellor dos tres) e wagyu, respectivamente. Para o meu gusto, faltou forza, vigor no lume; talvez era cousa da maduración: demasiado planos os sabores. Finalmente, creo que un restaurante deste tipo precisa unha carta de viños que se abra a unha maior presencia fora dos mainstream de R...

Tradición, produto e vistas en Nito (Viveiro)

Imaxe
Carallo, manexan bo produto en Nito . A nécora e as ameixas do inicio do menú eran monumentais, tanto que case opacaron un bo salpicón de lubrigante que chegou no medio delas. Tamén saben guisar, dándolle ás luras ese fondo espeso e sabedeiro que cada vez se ve menos. Moito había que non tomaba bonito en rollo: este estaba moi bo. Talvez a robaliza do peche fora o menos sobranceiro. A adega non queda atrás, non. Os grandes galegos están alí todos: o Balado de Zárate foi unha magnífica opción, das moitas que había a escoller. E, claro, despois está ese balcón sobre a praia de Area, cunha vista que alimenta por si mesma. Tomar o café alí despois da homenaxe na mesa foi o colofón dun plan magnífico, tralo roteiro por Ortegal que amosei por aquí hai un par de posts. Ver essa foto no Instagram Uma publicação compartilhada por Manoel Foucellas (@manoelfoucellas)

La Teresa (A Coruña): un bo exemplo de que hai moito por coñecer

Imaxe
Ás veces - decotío - pecamos de non mirar alén deses poucos nomes que dominan a conversa gastronómica. Case sempre, detrás – afastados do balbordo, nalgúns casos pasando desapercibidos – hai un feixe de restaurantes que ofrecen propostas gastronómicas merecedoras de seren descobertas, cociñas de interese que sosteñen e enriquecen a escena culinaria dunha cidade. A Coruña non é allea a esta situación, claro. Nin eu, por ter postergado tanto a ampliación de horizontes. Fomos a La Teresa , entón, e tomamos uns mexillóns con holandesa de ají amarelo moi bos, igual que a berenxena con tzatziki. Oficia Andrea, un italiano, nos fogóns, e aí chegaron as alcachofas (xa sei, xa sei, en setembro) carbonara. E, agora si, unha das últimas ventrescas de bonito do verán á bilbaína. De volta a Italia, uns cannoli para rematar. Un bo exemplo de que, fóra dos focos, hai moito por coñecer. Ver esta publicación en Instagram

As Rías Altas son un lugar máxico...

Imaxe
As Rías Altas son un lugar máxico... Loiba, Herbeira, Bares, Ortegal, O Barqueiro, Cedeira... Ver esta publicación en Instagram

A Fonte da Saúde (Cambre): ¡imos tomarlle un viño!

Imaxe
Coido que, en xeral, cando relatamos, contamos experiencias de calquera tipo, xa sexa en conversas con amigos ou nas redes, tendemos a infravalorar as referencias próximas, cotiás. Seica non é infravalorar, nin tampouco esquecer, pero desde logo non facemos xustiza a eses lugares que, probabelmente, son os que máis frecuentamos. No caso do comer e do beber, os de “imos tomarlle un viño a...”, eses mesmos. Cando hai uns meses volvemos á terra, descubrimos case por casualidade a A Fonte da Saúde , alí medio agochada do lado do paraugas do Burgo, cun pé en Cambre e case outro en Culleredo. Desde entón, é o lugar polo que máis temos pasado, xa sexa para xantar, cear ou simplemente petiscar algo. Iso acontece por tres motivos. Porque fan unha comida sinxela, da de sempre, honesta. Porque a escolma de viños que ten Alex é desas, das que da para beber e para falar todo o que queiras. E porque o trato de Carlos, de Patxi, de Suso, de todos alí é agradábel, atento, carallán no punto xusto...

Bendito egoísmo no Balado (Boqueixón, A Coruña)

Imaxe
Cando saes do coche e vas abrir a cancela que da acceso á casa que acolle O Balado, pintada en amarelo sobre a madeira podes ler a seguinte mensaxe: “Por favor, deixen a cancela pechada para que non saian os animais.” Non atopo un xeito máis certeiro de describir o espírito do Balado, ben perdido no concello de Boqueixón. Ben perdido e ben consolidado tras xa moitos anos. Di Roberto que é todo froito do egoísmo, porque agora el e Marta fan o que queren, como queren e cando queren. Eu coido que algo de denodo tamén ten que haber. Dun modo ou outro, cómese moi ben no Balado. O menú Viaxe (hai outro máis curto) foi aínda ben de verán: gazpacho con xeado de pementos de Padrón; anchoas; foie de parrulo con xeado de pexego, moi bo; bonito marinado con figos; croquetas de boi de mar; cebola en tempura, cada vez a cebola máis presente nas cartas como protagonistas; cabaciña con ovo, escuma de pataca e trufa de verán; pescada con pemento e carrilleira de porco celta. Para o viño, conversa...