Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Divino Steakhouse (A Coruña): do amarelo ao vermello

Imaxe
Toda a miña vida, toda. A miña cor favorita, sempre o amarelo. Pero estes irmáns galego-arxentinos do Divino Steakhouse van atinxir que mude ao vermello. Impresionante. Ver esta publicación en Instagram

A evolución de Caballa 14 (A Coruña)

Imaxe
Volvemos a Caballa 14 e comprobamos como a pequena izakaya vai evoluindo, vaise asentando. Aparecen novos pratos para complementar a secuencia de nigiris do omakasé; en algún caso, até para roubarlle protagonismo, como o estupendo salpicón con toro. No sashimi, moi bo peixe e mollos que lle dan unha personalidade diferente. Toro, carabinero, anguía, cigala con papada, ourizo, foie... o produto e o tempero dos nigiri segue marcando un ton ben alto. Coido que o espazo para continuar crecendo está no arroz. En fin, paso firme, personalidade marcada, evolución. Moi boa relación calidade-prezo. Para volver moitas veces máis. Ver esta publicación en Instagram

A proposta convincente de Charlatán (A Coruña)

Imaxe
Non o souben até moito despois, pero coñecín a Daniel Portillo nun inesquecíbel xantar a pé de area no verán do 2013 no Loxe Mareiro , capitaneado entón por Iván Domínguez e Abastos 2.0 Anos máis tarde, cando moraba en Latinoamérica, as visitas anuais á Coruña tiñan sempre unha parada obrigada no NaDo , para gozar da militancia atlántica: aí foi cando aprendín que a man dereita de Iván era o mesmo que, de crequenas, grellaba as navallas na mesma beira do mar de Carril. Agora, Daniel Portillo dirixe desde hai uns meses a cociña do Charlatán , a apenas uns metros do seu anterior fogar. Xa asentado, fómoslle probar a proposta de outono. Moi interesante o balance entre a aportación da bagaxe persoal, do aprendido e o mantemento do carácter do local, do que ten sido Charlatán desde que chegara, aínda novo. Así, por unha banda, están os fondos substanciosos, os mar e terra, os puntos precisos: o contrapunto do codium coas tenrísimas verdinas, o conxunto dos pratos de vieira e peixe...

Solvencia e oficio en Salitre (A Coruña)

Imaxe
Achegouse un par de veces a camareira para ver se rematáramos os entrantes. Iso era sinal de que o arroz xa estaba a piques. Se hai algo innegociable en Salitre é que o arroz chega como ten que chegar, no punto exacto. Así que apuramos o último anaco de cecina e axiña chegou a paella co arroz negro. Efectivamente, perfecto o punto, sabedeiro a máis non poder, impoñente o fondo. Antes, ademais da cecina, unha espectacular empanada de mexillóns. Masa e recheo impecables. esta empanada mostra que o que fan en Salitre , máis que actualización ou posta ao día da cociña galega, é o seu perfeccionamento último. Coa de Bido , a mellor da cidade para min. E, por esta vez, non vou esquecer a sobremesa: xeado de requeixo da Capela, con mel e noces. Vaia, quen queira localazo, vista ao mar (agora sen coches diante trala reforma do paseo marítimo), cociña sen sobresaltos e xente que sabe moi ben o que fai – a experiencia é un grao – esta opción non da para errar. Ver esta publicación en Inst...