Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2026

Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Caballa 14 (A Coruña): un exame á volta de Tokio

Imaxe
Completamos a nova rolda de visitas aos grandes xaponeses da cidade hoxe en Caballa 14 (o máis novo dos tres), tras ter pasado recentemente por Omakasé Sushi Bar e Izakaya Hokuto . Sigo pensando o mesmo: que sorte temos de que haxa na Coruña tres locais deste nivel. O bó da cociña xaponesa, de cara a facer posts como este, é a súa plasticidade: as fotos falan elas soíñas do que se pode atopar no omakasé de Caballa 14 . Déixanme pouco máis que engadir. Quizais só unha cousa: en cada visita nótase que Rebo segue afinando. Un chisco nos temperos, outro nos procesos co peixe, outro no arroz dos nigiri. A graxa potenciando a dourada, a mestura de peixes no tartar. Pequenos trocos que, sumados, fan medrar a experiencia. Dá gusto velo. Evolución que tamén chega á carta líquida. Hoxe un notábel viño de pasto de Agrícola Calcárea : Sin Bulla, listán branco (palomino) criado en botas de manzanilla. Lembrade que acabo de voltar dunha semana en Tokio. Dalgún xeito, o de hoxe era unha sor...

O Gaiteiro (Laraxe): o último local analóxico

Imaxe
Até onte coidaba que O Gaiteiro era a anomalía espazo-temporal na que mellor se bebe do mundo. Chamas a ese timbre, cruzas esa porta e algo troca: o tempo perde autoridade, cobra outro sentido. Falas con Suso dos seus corenta anos á fronte do negocio; aloumiñas os panos perfectamente pranchados, o mantel longo dos que xa non hai; decorren as horas como minutos, os minutos como horas; non agardas: conversas, escoitas, sempre jazz; non apuras, ¿quen ten présa? O mundo gastronómico vive namorado da seguinte novidade, do seguinte chef, do seguinte viño, do seguinte concepto. Dalgún xeito, O Gaiteiro é un antídoto contra a novidade. Sen modas, sen concesións efémeras. O centro de gravidade é a memoria, a paciencia; o criterio que só dan os anos, a curiosidade, o saber. Percorremos unha década de colleitas; percorremos Xerez, Champagne, Sauternes, Ribeira Sacra, Rioja, Ribera del Duero, italiana a mestura de vermuts. Escolma que non procura o novo, senón o mellor. Até onte, dicía....

Un ano despois, verdinas en Casa Gaibor (Guitiriz)

Imaxe
Sempre lembrarei a data da miña primeira vez en Casa Gaibor porque era o Día de Galicia. Hai case, case un ano. E hoxe, coma entón, verdinas con chipirón. Só un ano. Pero hoxe o guiso tiña un puntiño máis fino, as verdinas de La despensa de lujo ao dente; o chipi de Pescados Rabina agora á brasa, impecable. Evolución, que non desas revolucións innecesarias, imprecisas, apuradas. Berberechos, mexillóns, broa con anchoa, un choco en tinta magnífico. A carne branca e tersa da palometa vermella dá boa idea da man cos puntos, igual que a vaca de Carnicas Eurogal . E no líquido, da man de Adri, do Ribeiro ao Priorat, do Mosela a Alicante, de Monterrei ao Penedés. Amodiño, tentando afinar cada cousiña. Antón tenno moi claro. E que bo que o teña! Ver esta publicación en Instagram

NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imaxe
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram