Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Unha primeira aproximación ás propostas carnívoras da Coruña


As viaxes anuais veraniegas facían que, na inmensa maioría das ocasións, optásemos polos reis desa época do ano: os peixes azuis. Xardas, xurelos, sardinhas, bonitos non adoitan ser valorados (nen, por tanto, consumidos ou preparados en condicións) alá por Sudamérica. Os berberechos directamente non existen nen as ameixas se preparan como en Galicia.

Entón, as carnes foron - probablemente de xeito inxusto - as grandes esquecidas das últimas visitas. Iso había que corrixilo, claro, e non atopamos mellor forma de facelo que comendo no que, até onde eu coñezo, é o mellor restaurante de carnes da Coruña: Divino Steakhouse

A calidade do que tomamos xa se ve nas imaxes. Caiu un chuletón de vaca espectacular no seu equilibrio de tenrura e sabor. Antes, unha non menos espectacular cecina de boi. E, para acompañar, un VX Cuvee Caco do grande Sebio de entre as interesantes escollas na carta de viños. Tremendo.

Uns días despois, foi a vez do Asador Gonzaba. Repetimos eleccións, cecina e chuletón de vaca (ademais dunhas meritorias alcachofas con torrezno): sendo o resultado bo, hai unha diferencia importante co Divino.

En fin, quedan opcións diversas por descobrir: como mínimo, o Bereket e a próxima nova incorporación, Magoya. E, seguramente, algunhas outras que aínda non tiven tempo a identificar, pero para o que seguro vou contar coa vosa axuda...

Comentarios