Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Pedra Furada (A Coruña): un novo veciño con personalidade propia


Fomos onte ao Pedra Furada, só unhas semanas aberto nun luminoso local á veira da praia do Orzán, algunhas xanelas con vistas ao mar.

Nun primeiro ollar á carta, a sensación é a dunha proposta na linha dos locais con más éxito na cidade. Pero non: xa na mesa, todos os pratos amosan unha personalidade propia, algo que é de agradecer.

O xurelo marinado non viña no habitual mollo cítrico, senón nunha allada; a vieira, nun mar e terra con aliña de polo e coliflor; as cigalas, con tomate e micro camaronciños fritidos... Moi ben os pontos (pedimos cousas crúas ou só cun golpe de fervor) e, xa tema persoal, un aliño do tartar presente pero que deixaba o protagonismo ao sabor da vaca. Hai cociña.

Interesante carta de viños. A nosa escolla, un Veigamoura que foi unha estupenda compañía das cigalas até os chocos.

Só é preciso corrixir os desaxustes en sala normais nos inicios de calquera local.

Benvido Pedra Furada!!!

Comentarios

  1. Tomo nota, Manoel. Sigo disfrutando de la gastronomía. Muchísimo. Y, con la edad, me temo que irá a más este deleite con la buena mesa. Gracias por tus recomendaciones en este sentido.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario...