Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Omakasé (A Coruña): ¡toma dúas cuncas!


¿Queres omakasé? ¡Pois toma dúas cuncas! Si, porque na barra de Omakasé Sushi Bar podemos outorgar a nosa confianza non só ao itamae, senón tamén ao somelier.

A primeira é obrigada, claro, porque - facendo honra ao seu nome - o Omakasé só traballa con esa modalidade, coa opción dalgún bocado extra (que, por certo, é moi recomendable aceptar). É obrigada, pero vale moito a pena: comezando polo shari, a nai do cordeiro nestes casos; mas tamén polo peixe, ou, melhor dito, polas técnicas que acompañan ao peixe: maduración, afumado, ese toque da brasa... No noso caso, entre outros, vieira, dorada, robaliza, xarda, salmonete e, por suposto, os diversos cortes do atún.

A confianza pode - debe - extenderse aos viños. Certo que se pode ir á carta, tamén de sakes. Pero, xa que estamos no Omakasé, temos que ir polo omakasé na bebida: que vai ser ben medido (catro, tal vez cinco escollas diferentes para toda a secuencia; nada de cantidades abraiantes e saturantes), que vai ser dialogado, que vai ser diferente e, principalmente, que vai ser de moita calidade.

Entón, ¿queres omakasé? ¡Pois toma dúas cuncas!

(By the way, as luces no restaurante son moi tenues e, por tanto, só hai algunhas fotos que se salvan: inmellorable excusa para voltar á hora do xantar)

Comentarios