Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Coido que se refire a un imitador teu que viviu (e morreu) hai uns 60 anos... :-P
ResponderEliminarO Beni era un copión, un burdo imitador, efectivamente: o tío non tiña outra que copiarlle o nome a un blogger do futuro. Boh!
ResponderEliminarEn todo caso, polo visto hai un feble vencello con el. Seica andaba cun grupo de compais da zona de Ordes cos que armaba barullo naqueles delicados anos: os Manolos. Un deses Manolos resultaba ser o pai do meu sogro. Manda carallo.