Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Material (Malpica): brasa, produto, sabor, calor


Vivir en Sāo Paulo muda a túa percepción do tempo cotián: 45 minutos para chegar ao restaurante do xantar do sábado é unha boa noticia.

Entón, cando voltas a vivir na Coruña, iso dá moitos graus de liberdade: quere dicir que - case, case - toda Galicia está a distancia.

Por exemplo, Malpica. Por exemplo, o @restaurantematerial. Proposta tan sinxela como complicada: produto e brasa; calor na cociña e calor na atención na sala.

Robaliza, rubia galega, perfeitos de ponto. Antes, alcachofas - tamén na brasa - con papada e steak tartar. Ese Pezas da Portela de @valdesil_bodega que melloraba cos minutos. Moi bo nivel.

Previamente, paseo até o Faro de Ponta Nariga, até a ermida de Santo Hadrián, polo porto de Malpica, baixo ese sol de xaneiro a oito graus. Quen vai quedar na casa con esas alternativas?

Comentarios

  1. Tomo nota. Yo también lo considero sitio cercano. Porque realmente lo es.
    Me alegro de reencontrarme con este sitio tan trabajado, tan suculento.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas! Un pracer estar de volta!!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario...