Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Tres añitos, tres

Tal fecha como hoy de hace tres años, Día de Galicia, nacía Pantagruel, supongo. Son más de mil días, casi trescientos posts, muchas horas de entretenimiento y, sobre todo, nuevos amigos.

De vez en cuando releo aquel primer post, ni más ni menos que sobre la Garita de Herbeira, con una sonrisa. ¡Quién iba a pensar que esto duraría tanto!

Gracias por seguir ahí.

Comentarios

  1. Parabéns!!!
    O meu blogue ten o mesmo tempo máis ou menos có teu, e non é nada doado manter unha certa regularidade escribindo. E menos un grao mínimo de interese para os visitantes, de feito o meu non o consegue :D :D :D
    Por iso, o dito, parabéns e que dure moitos máis!
    (Para cando fotos da tarta de aniversario?)

    Unha aperta,
    Eladio

    ResponderEliminar
  2. Graciñas a ambos.

    E ánimo, Eladio. Os que estamos metidos nisto temos un punto de tolos, e encántanos dedicar horas e horas. E se logo xeramos interese...

    Por certo, boa idea o da tarta. Para o cuarto.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario...