Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...
Parabéns!!!
ResponderEliminarO meu blogue ten o mesmo tempo máis ou menos có teu, e non é nada doado manter unha certa regularidade escribindo. E menos un grao mínimo de interese para os visitantes, de feito o meu non o consegue :D :D :D
Por iso, o dito, parabéns e que dure moitos máis!
(Para cando fotos da tarta de aniversario?)
Unha aperta,
Eladio
Os meus parabéns!!!
ResponderEliminarGraciñas a ambos.
ResponderEliminarE ánimo, Eladio. Os que estamos metidos nisto temos un punto de tolos, e encántanos dedicar horas e horas. E se logo xeramos interese...
Por certo, boa idea o da tarta. Para o cuarto.
Muchas felicidades Manoel.
ResponderEliminarMil gracias!
ResponderEliminar