Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

La Picotería (O Burgo): sólido sello persoal sobre propostas clásicas


As apretadas axendas veraniegas non daban para coñecer todos os restaurantes que tería gostado: é tempo de retomar moitas visitas pendentes.

Unha delas era La Picotería, no Burgo: propostas clásicas só en apariencia, todas con algo propio, notable, que deixa pegada sen sacrificar sabor.

Poden ser os aliños: o allo e o picante do tartar templado de gamba, a alcaparra do steak tartar (aínda que eu son máis dos de aliño "de mínimos", dos de sentir o sabor da carne). Ou os equilbrios, a manteiga do brioche e o salgado da anchoa. Ou os fondos, nas ameixas á tixola. Tamén as texturas, na croqueta fluida de zamburiña.

Bodega con cousas interesantes: fomos por un godello do Bierzo de Raúl Pérez un tanto distinto.

Comentarios