Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Velasco-Abellá (Madrid): a elegancia é o último que se perde


Se tivera que definir a cociña que máis me gusta sería aquela que, con base nun gran produto, prepara receitas sinxelos (que non simples) e elegantes que agochen algún contrapunto ben medido para outorgar dinamismo ao prato. E exatamente iso foi o que atopei en Velasco-Abellá. Fantástica cea.

O polbo coas cebolas e o pomelo, a berenxena coa trufa, os ravioli de ricotta co caviar (aquí si está porque ten que estar), a pescada con cabaciña e lemongrass, as gambas con ovos e patacas fritidas... En todos eles, equilibrio e sabor sen lugar para estridencias innecesarias.

É que onde hai escola...

Comentarios