Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Unhas horas en Porto (e un par de sitios onde ir tomar viño)


¡Que cidade, Porto! Foran só unhas horas, pero cundiron moito.

Alén das vistas e das ruelas, dos rabelos e das pomtes, das igrexas e da Ribeira, da brétema e do solpor, dúas paradas estratéxicas:

* Un viño, un queixo e unhas conservas con vistas marabillosas ao Douro no Wine Quay Bar

* Viñazos, coñecemento e unhas charcutarias de impresión (¡que lardo!) no Prova Wine Bar (graciñas, @enofilicos, polo dato!)

Comentarios