Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Sushi Bar Hannah (Madrid): unha das mellores barras de sushi da capital


Tíñalle gañas ao Sushi Bar Hannah desde hai tempo. É un pequeno local, apenas a barra e algunha mesa, non doado de atopar nun calello que separa o Hotel Villamagna e o Corte Inglés de Velázquez: si, en plena zona nobre de Madrid.

Fomos polo omakasé, claro. O meu corazón - e o meu estómago - ficaron cativados desde o inicio, desde o ankimo que chegou cos otoshi. A partir de aí, unha secuencia (con momentos excepcionais, como a tempura de salmonete) da que é mellor que falen as fotos.

O omakasé é longo, vinte bocados. Quedan fóra das imaxes o hotate, o unagi, o tamago, o temaki, o sake... Pero as dez que saen, coido, abondan por si mesmos para facerse a idea do nivel do lugar: moi alto.

Comentarios