Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Enchenta de tradición en Casa Nuevo (Avilés)


Cometemos (eu o primeiro) un erro imperdoábel ninguneando a cociña tradicional ben feita. Eses pratos de culler que requiren un garfo, eses guisos de carne que non precisan de coitelo, esas racións que non dan para seren acabadas.

Camiño de Oviedo, hoxe fomos parar á diminuta vila de Pillarno, moi preto de Avilés, ao ateigado comedor de Casa Nuevo. E démonos unha homenaxe, unha enchenta de tradición.

Houbo fabada, certo. Pero, por riba dela, un pote de berzas monumental, saborosamente contundente. E un pitu de caleya de carne escura, firme, pero ao mesmo tempo mol, das que derreten na boca: fantástico. A callada serviu para refrescar un pouco tras tanta sustancia.

Non, non esquezamos os guisos de sempre. Coidémolos mentres teñamos a oportunidade.

Comentarios