Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá
Teimando en comer, beber e contar
Unha das mellores cousas de coñecer un restaurante ao pouco de abrir é poder vivir a súa evolución en primeira persoa. Ás veces é de vagar, ás veces nótase de visita en visita.
Hai pouco máis de catro meses que coñecín o Atelier de Amanda de Summa Breogán, cando apenas levaba medio ano aberto. Xa escribín del por aquí. E vaia se evolúe!
Até o punto de ter que facer este post polos dous pratazos que probei a fin de semana pasada. Os espárragos - bendita tempada - cun mollo de foie e maionesa dos seus peles, soberbio. E unha raia á prancha caralluda. Antes, anchoas con queixo picón; despois, lombo de vaca dos que se desfai con pementos e cebola.
Dicía o primeiro día: ‘pasei do “hai que coñecelo” ao “hai que voltar”’. Está claro que vou desenvolvendo un ollo para isto do comer 😉
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...