Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Albanta (Pontevedra), outro dos grandes asadores galegos


Medra, medra, medra e medra o nivel dos asadores galegos: de Ourense a Malpica, de Padrón a Culleredo, os que me seguides por aquí xa o ides vendo. E na parte alta dese clube, sen dúbida, está Albanta.

Por produto (gamba vermella, lumbrigante, moela, palometa vermella, vaca rubia galega) e por manexo do lume, que é o fundamental, claro. Pero tamén por local, por servizo e por unha carta de viños das que prestaría ficar lendo toda a tarde, á sombra das árbores que rodean a casona de pedra de Vilaboa, após un xantar deses...

Comentarios