Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Millo (A Coruña): outras regras


Máis un día nese recuncho de espontaneidade e eclecticismo que é Millo.

Que ricos, que frescos, que bonitos, que de verán os boqueróns nórdicos coas brevas e as peras. Que sabedeiro, intenso, precisamente picante o guiso de riles con patacas e ovos. Que bo revisitar os clásicos: ensaladilla, pappardelle. Que conxunto o do hummus, a oliva ascolana, o ovo e o cogombro. Que peche o tiramisú.

Na copa, merenzao do Jura. Que menos!!!

Podería semellar que en Millo non hai regras. Eu coido que, simplemente, son outras: as de Moncho.

Ver esta publicación en Instagram

Comentarios