Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Taberna Beade (Paderne): para peregrinarmos todos


Fomos ao berce mesmo, ao lugar de Samede, concello de Paderne. Só houbo que cruzar a estrada para pasar da adega Ribeiras de Armea á taberna familiar, Taberna Beade.

Honestamente, a miña expectativa era só gozar dos viñazos da adega e comer unha boa carne asada. Carallo, afortunadamente andaba moi errado.

Xa desque chegou o pincho de tripas a cousa anunciaba xeitosa. E cos berberechos - tamaño, punto - sumiu calquera dúbida. Navallas, polbo e un listado con patacas e tomate sobresaínte. Logo as carnes: rabo e, sobre todo, un xarrete dos que se desfai e unhas pataquiñas das que case nin mastigas. E aínda a sorpresa final: tremendo flan.

Bebemos, claro. Unhas copiñas do branco. Unha botelliña, outra máis, da roibal. O ancestral feito con amigos. Até unha sidra. As marabillas que fai Jose e que serve sen darlle importancia ningunha. Humildade extrema, humildade de crack.

Para peregrinarmos todos a Paderne.

Ver esta publicación en Instagram

Comentarios