Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá
Teimando en comer, beber e contar
Os que me ledes sabedes que hai unhas semanas pasei por OSA. Impresionoume, sobre todo polos fondos: densos, sabedeiros, colaxenosos, envolventes, melosos, longos.
Dos que activan a memoria dos sabores, dos que tocan algo no miolo que che empurra a procurar esa mesma sensación noutro lugar. Xa desde esa noite quedei coa teima de volver a La Molinera.
Hoxe foi o día. E alí estaban outra vez: untuosos, concentrados, profundos, suculentos; pegabeizos. O de xarrete co steak tartar. O das manitas con carabinero. O do morro coas patacas. Monumentais os dous primeiros.
Oficio tamén nos máis leves, nos máis frescos: os pementos do xurelo, o escabeche da ventresca. Un flan deses para rematar.
Non cociña mal Moli, non. Tampouco ten mala adega: o champagne de Adrien Dhondt foi o contrapunto certo aos pratos.
Curioso o da memoria. Lévache dun xantar ao seguinte sen pedir permiso. Converte episodios illados en capítulos dunha mesma historia. Concentra sensacións, como un fondo ben feito.
Ver esta publicación en Instagram
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...