Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá
Teimando en comer, beber e contar
Resumía en tres palabras a anterior visita a Camariñas, aínda arriba, na Taberna: produto, viño, simpatía.
Agora, no novo agocho de pedra do centro da vila, o resumo é igual de doado: produto, viño, simpatía.
En realidade, non: así fica incompleto. Porque hai máis medios: a cociña, o equipo, o precioso salón, o patio; coido que hai máis confianza, máis convencemento, a seguridade do que tanto loitou por lanzar o proxecto; se cadra, aínda máis agarimo.
Do que chegou á mesa, só ollade para as fotos. Cigala, chipiróns, palometa vermella, apaxados no lume, suaves, sutís. Percebazos do Vilán con amontillado de sobremesa. Antes, un grande clásico das Rías Baixas - Tras da Viña de Zárate - e unha Castelao do atlántico lisboeta de Marinho.
Agocho do Bico, Dani e Sara, xa un referente da Costa da Morte.
Desde onte, desexando que chegue unha desas fins de semana de outono, vento e chuva, paisaxe e mar, para cear, durmir e xantar no Agocho.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...