Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Quince anos, quince meses: de volta en Dos Palillos (Barcelona)


Quince anos entre a primeira e a segunda vez que entrei en Dos Palillos, no Raval barcelonés; entre a segunda e a terceira, venres pasado, quince meses.

Se en quince anos confirmas que o proxecto de Albert Raurich está por riba das modas, en quince meses constatas que crea adición.

Na era do hype de usar e tirar, o verdadeiro luxo é a consistencia. Volver á barra de Dos Palillos, vivir o pase literalmente desde a cociña, é redescubrir o mesmo magnetismo.

Dos pratos falan as fotos: algúns novos (figos, gamba), outros que xa estaban na visita anterior (shiokara, naresushi, usuzukuri) e algún (sasami, papada) que leva aí tanto como as miñas lembranzas. A novidade e os clásicos convivindo sen molestarse.

Cando marchaba, souben que Ferrán Adriá estaba ceando esa mesma noite no restaurante do seu discípulo. Se el tamén volve, ¿quen son eu para levarlle a contraria?

Ver esta publicación en Instagram

Comentarios