Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

O que nos diría ChatGPT de Ultramarinos Galera (A Coruña)


Seica agora a vida vai toda de algoritmos. Non sei, pero por se acaso, velaquí un que funciona sempre:

1. Entra no local con paso decidido
2. Ollo á esquerda, foto á lousa tras da barra coas suxestións do día
3. Senta na túa mesa
4. Mira a foto, escolle o que máis che pete: canta máis cara de produto puro teña, mellor
5. Selecciona un bo viño da interesante escolma dispoñíbel
6. Pásao ben

Non sei que dirá ChatGPT, pero coido que non hai mellor xeito de gozar en Ultramarinos Galera

Comentarios