Publicacións

Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Pensión Marbella (Muros): nomes dos que desconfiar, recomendacións das que fiarse

Imaxe
Descíamos por Paxareiras no medio dunha brétema mesta: non se vía un carallo. O Corsa gris de diante ía a 30 como moito. Eu pensaba: ¿que fago aquí indo para un sitio que se chama Pensión Marbella ? Pensión Marbella. Hai combinacións de palabras que parecen deseñadas para me escorrentar, polo menos gastronomicamente. Pensión xa soa a cousa de paso, e Marbella á antítese de Galicia: ostentación, opulencia, ver e ser visto, coches grandes e prezos aínda máis grandes. Pero os que me dixeron que fose saben do que falan. E un aprende, co tempo, que hai nomes dos que desconfiar e recomendacións das que fiarse. Muros, vila garbosa, pero o día non axuda. Pincho nos soportais e imos aló. Sae David tomar a comanda e todo muda, néboa e choiva aínda fóra. Longueiróns tamaño diplodocus deixados no ponto certo. Lumbrigante azuliño, carnoso. Robaliza co alliño e o aceite que precisa, branca e tersa, sabedeira. Pataquiñas. Na copa, o Cíes 25 de Rodri Méndez . Só semanas na botella, pero xa...

Muíño do Vento (Fene): unha sona merecida

Imaxe
Hai sitios que teñen sona e hai sitios que merecen a sona que teñen. O Muíño do Vento é destes últimos. Daría só para irlles tomar as formidábeis ameixas (facédeme caso: pedide máis das que vos parezan axeitadas). Pero preparan ben outros mariscos e teñen bo peixe á prancha (onte, sanmartiño). E a adega tamén dá para beber con xeito. Por certo, o Muíño está a só cinco minutos da O Gaiteiro . Aperitivo no de Suso antes de subir a Magalofes e tremendo planazo de merenda-cea para unha tarde en Ferrolterra. De nada! 😉 Ver esta publicación en Instagram

Agocho do Bico (Camariñas): xa un referente da Costa da Morte

Imaxe
Resumía en tres palabras a anterior visita a Camariñas, aínda arriba, na Taberna: produto, viño, simpatía. Agora, no novo agocho de pedra do centro da vila, o resumo é igual de doado: produto, viño, simpatía. En realidade, non: así fica incompleto. Porque hai máis medios: a cociña, o equipo, o precioso salón, o patio; coido que hai máis confianza, máis convencemento, a seguridade do que tanto loitou por lanzar o proxecto; se cadra, aínda máis agarimo. Do que chegou á mesa, só ollade para as fotos. Cigala, chipiróns, palometa vermella, apaxados no lume, suaves, sutís. Percebazos do Vilán con amontillado de sobremesa. Antes, un grande clásico das Rías Baixas - Tras da Viña de Zárate - e unha Castelao do atlántico lisboeta de Marinho . Agocho do Bico , Dani e Sara, xa un referente da Costa da Morte. Desde onte, desexando que chegue unha desas fins de semana de outono, vento e chuva, paisaxe e mar, para cear, durmir e xantar no Agocho. Ver esta publicación en Instagram

Recuncando en Nordestada (Portosín)

Imaxe
Recuncamos en Nordestada . Recuncamos o tartar de bonito con ensaladilla, tamén as navallas con escabeche de limón. As tostiñas - finas, crocantes, non de brioche: que ben! - con manteiga de allo negro desta volta eran con sardiña. Novos os tremendos mexillóns XXL - dunhas bateas especiais de Aguiño, non podo dicir máis - en vinagreta. Nivel, nivel. O pargo para catro, monumental, carnoso, con mordida, cunhas pataquiñas asadas das que só hai por esta terra. Como xa é tradición, camaróns de sobremesa. Bebemos moi ben: o Pepe Luis 21 do Capitán Albamar , unha pinot de Toni Jost e algo de Niepoort para rematar. E, por riba de todo, tan a gusto con Nel, Pablo e todo o equipo. Sitiazo en Portosín! Ver esta publicación en Instagram

Unha vez máis en Miga (A Coruña)

Imaxe
Unha vez máis nese refuxio ancorado entre as pedras que é Miga Ver esta publicación en Instagram

Bido (A Coruña) e a pescada, ese peixe infravalorado

Imaxe
Dicíame hai non moito un cociñeiro que a pescada é o peixe máis infravalorado dos que gozamos en Galicia. Cada vez que vou a Bido estou máis dacordo con esa afirmación: no xantar de hoxe, alén do punto exacto, levaba un fondo de cigalas deses para lembrar, intenso pero sen eclipsar 😉 á protagonista. Tamén hoxe, un panadeiro dos bos gababa nunha mensaxe a masa da empanada de xoubas só con ver a foto das stories. E un terceiro, máis noviño, facía o mesmo co mollo de pementos do bonito. E aínda non recibín comentarios dos berberechos con espárragos verdes, pero merecíano... Porque os profesionais recoñecen o saber facer á primeira, incluso en foto. Saber facer que, xunto coa elegancia, son os sinais de Bido. Elegancia e saber facer en cociña e tamén en sala: tempos pausados, local maino, mantel, panos e ¡café! En fin, un dos camiños que eu máis valoro: o de sempre, o de aquí, cada vez un chisquiño mellor feito. Ver esta publicación en Instagram

Caballa 14 (A Coruña): un exame á volta de Tokio

Imaxe
Completamos a nova rolda de visitas aos grandes xaponeses da cidade hoxe en Caballa 14 (o máis novo dos tres), tras ter pasado recentemente por Omakasé Sushi Bar e Izakaya Hokuto . Sigo pensando o mesmo: que sorte temos de que haxa na Coruña tres locais deste nivel. O bó da cociña xaponesa, de cara a facer posts como este, é a súa plasticidade: as fotos falan elas soíñas do que se pode atopar no omakasé de Caballa 14 . Déixanme pouco máis que engadir. Quizais só unha cousa: en cada visita nótase que Rebo segue afinando. Un chisco nos temperos, outro nos procesos co peixe, outro no arroz dos nigiri. A graxa potenciando a dourada, a mestura de peixes no tartar. Pequenos trocos que, sumados, fan medrar a experiencia. Dá gusto velo. Evolución que tamén chega á carta líquida. Hoxe un notábel viño de pasto de Agrícola Calcárea : Sin Bulla, listán branco (palomino) criado en botas de manzanilla. Lembrade que acabo de voltar dunha semana en Tokio. Dalgún xeito, o de hoxe era unha sor...

O Gaiteiro (Laraxe): o último local analóxico

Imaxe
Até onte coidaba que O Gaiteiro era a anomalía espazo-temporal na que mellor se bebe do mundo. Chamas a ese timbre, cruzas esa porta e algo troca: o tempo perde autoridade, cobra outro sentido. Falas con Suso dos seus corenta anos á fronte do negocio; aloumiñas os panos perfectamente pranchados, o mantel longo dos que xa non hai; decorren as horas como minutos, os minutos como horas; non agardas: conversas, escoitas, sempre jazz; non apuras, ¿quen ten présa? O mundo gastronómico vive namorado da seguinte novidade, do seguinte chef, do seguinte viño, do seguinte concepto. Dalgún xeito, O Gaiteiro é un antídoto contra a novidade. Sen modas, sen concesións efémeras. O centro de gravidade é a memoria, a paciencia; o criterio que só dan os anos, a curiosidade, o saber. Percorremos unha década de colleitas; percorremos Xerez, Champagne, Sauternes, Ribeira Sacra, Rioja, Ribera del Duero, italiana a mestura de vermuts. Escolma que non procura o novo, senón o mellor. Até onte, dicía....