Publicacións

Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Silabario (Vigo): a cociña que sabe, cheira e se sinte a Galicia

Imaxe
Vivín case oito anos en Vigo, boa parte deles na Avenida de Balaídos. Incluso pasei bastantes meses nun piso que me permitía ver e ouvir o balbordo do estadio en días de partido. Por aquel entón* non era habitual ter grandes bandas en Galicia, pero aínda así negueime a ir ver aos Rolling Stones e a Dire Straits: para min, o único motivo posible para pisar a herba de Balaídos era ir animar ao Dépor. Pero antonte puxen o pé, o corpo enteiro, en Mordor 😉: entrei na sé do Celta na rúa do Príncipe. Alén dun certo desenvolvimento neuronal do meu lado, o mérito é de Alberto González , quen agora oficia baixo a cúpula de cristal no alto do remozado Mercantil, levando ao centro de Vigo o proxecto nacido en Tui. E alí mantén esa cociña que sabe, que cheira, que se sinte a Galicia por todos lados: a berza escabechada que envolve o aperitivo de xarda, o fondo de godello para o bocado de ameixa, a castaña no estupendo consomé de pato, a cacheira á brasa na que descansa o salpicón de centola, u...

Hotel Balarés (Ponteceso): a cociña que pide a Costa de Morte

Imaxe
Diante desa xanela infinita á ría de Corme e Laxe, conta Rafa que o Hotel Balarés érguese hoxe en terras que século e médio atrás eran dos Pondal. Conta, tamén, que o piñeiral de Balarés inspirou, en boa medida, a Don Eduardo para escreber as Queixumes dos Pinos. Conta despois Silvia, o mar sempre de fondo, que agora, nese recanto da Costa da Morte, está cociñando feliz, facendo o que lle peta, o que sinte. E claro, tras camiñar polas rochas do Roncudo, tras escoitar esas historias e sentimentos, resulta moi difícil matinar algo que represente mellor Galicia. Temos na Costa da Morte un tesouro que, acredito, aínda non aprendemos a valorar. Antes, chegaran á mesa uns berberechos deses gordos, apenas fervidos, que estouraban na boca; uns calamares con chícharos bágoa e ovos, sutileza feita prato; unha robaliza perfeita de ponto coa compañía dun repolo que, afortunadamente, vaise facendo espazo nos pratos nobres; e un arroz de vaca e cogumelos para fechar. Na copa, un Attis Embaixad...

Velasco-Abellá (Madrid): a elegancia é o último que se perde

Imaxe
Se tivera que definir a cociña que máis me gusta sería aquela que, con base nun gran produto, prepara receitas sinxelos (que non simples) e elegantes que agochen algún contrapunto ben medido para outorgar dinamismo ao prato. E exatamente iso foi o que atopei en Velasco-Abellá . Fantástica cea. O polbo coas cebolas e o pomelo, a berenxena coa trufa, os ravioli de ricotta co caviar (aquí si está porque ten que estar), a pescada con cabaciña e lemongrass, as gambas con ovos e patacas fritidas... En todos eles, equilibrio e sabor sen lugar para estridencias innecesarias. É que onde hai escola... Ver essa foto no Instagram Uma publicação compartilhada por Manoel Foucellas (@manoelfoucellas)

Desenfado e cociña na Taberna Triay (A Coruña)

Imaxe
Coñecín a Manu Triay aló polo 2010, nunha cervexería da zona da Praza de Vigo. Dende a súa pequena cociña buscaba saírse dos camiños habituais e até chegou lanzar uns menús degustación que apuntaban moi boas maneiras (*). Cociña “seria” nunha cervexería tal vez non era aposta axeitada. Hoxe, case quince anos despois, a cervexería virou en taberna (no mítico local dos Tigres Rabiosos, na rúa Torreiro) e a cocinha se adaptou: unha proposta máis informal, máis desenfadada, pero á altura das expectativas xeradas naquela lonxana noite. A proposta da Taberna Triay ten xa os seus propios clásicos consolidados: o mollete de pringá, o pepito - magnífico -, as croquetas fluidas de nécora ou o donete de cocido (¡esa sopa!). Tamén rende homenaxe a aqueles tigres que daban nome ao local ou explora outros camiños, como as alcachofas carbonara. Para min, é unha moi boa noticia que prosperen este tipo de proxectos: pequenos locais, a “escala humana”, que enriquecen a oferta da cidade con propos...

Triciclo (Madrid): hai vida lonxe das estrelas

Imaxe
Vive Madrid no post-pandemia nunha exuberancia de restaurantes de perfil alto, apertura tras apertura, coreados e amplificados en medios e redes: “templos do produto”, asadores, xaponeses, lugares para ver e ser visto entre brioches con caviar, chuletóns madurados 210 días e botellas de champagne. Atendendo á miña experiencia, algúns, coido que só uns poucos , merecen moito, moitísimo a pena. Outros, os máis, traen unha sorte de inflación repetitiva que me xera moitas dúbidas a medio prazo. Afortunadamente, por baixo desa capa, algo máis lonxe dos focos ou diretamente fora deles, unha boa morea de lugares construen unha reputación sólida baseada no bo facer, no sentido común, en algo tan elemental - e non sempre situado no centro - como unha cociña solvente e fiable. Teño falado por aquí de lugares como La Piperna , Bistronómika , Surtopía ou Taberna Verdejo , por citar algúns. Engado agora a esa lista Triciclo . Num acolledor local no Bairro das Letras, e coa posibilidade de ...

A maxia do lume en Asador O'Pazo (Padrón)

Imaxe
Chovía. Chovía de carallo. Noite, vento, frío: un completo de inverno galego, vaia. O paseo polo empedrado centro de Padrón durou como cinco minutos, non daba para máis*. Dúas horas máis tarde, corríamos do coche á entrada do Asador O'Pazo para non empaparnos. “Xa pode valer a pena”, pensei. Só uns momentos despois, sentado no salón do aperitivo, cunha copa de champán na man e ollando para aquel carro co material da noite (foto de apertura, e o chuletón estaba fora de foco), desfixéronse todas as dúbidas. E así, primeiro no salón e logo no comedor, foran desfilando ostra, pementos, centola, ourizo, vieira, lubrigante, choco, coquinas, foie, palometa vermella, chuletón de vaca... Todos dunha calidade abraiante. Todos arredor dun fío condutor, ese ponto de brasa tan difícil de acadar: presente no punto do peixe, do marisco, da carne; presente no cheiro, no afumado; pero só sutilmente presente, o suficiente para mellorar un produto xa de por si magnífico. Valeu a pena mollarse,...

Miga (A Coruña): o refuxio dos domingos

Imaxe
Non vou ser eu quen se queixe da acelerada recuperación do que xa semella case un ritual na Coruña: os callos dos domingos. É máis, penso que deberíamos seguir esa liña para recuperar os pratos de culler en xeral, demasiado abandoados nas cartas dos restaurantes. Pero voltando ao tema, o desafío entón pasa por 1) atopar restaurantes abertos os domingos, 2) que teñan uns callos deses, de mollo espeso, que fagan os beizos apelicárense, que piquen un pouco máis do xusto, e 3) que teñan unha cociña á altura dos callos. Dous nomes que cumpren os tres requisitos veñen axiña á cabeza, e un deles é Miga . O domingo pasado, o “aperitivo” foi unha ensaladilla con tartar de langostino, uns erizos, uns berberechos con repolo e allo e un steak tartar cortado e aliñado como debe ser. E para pechar, claro, uns callos deses. Ben aderezada, claramente é unha tradición ben recuperada... (Vale, vale, o outro nome é Culuca ) Ver esta publicación en Instagram

Os contrastes de Londres

Imaxe
Agora que por traballo teño que viaxar bastante alá, tenme fascinado de Londres o permanente contraste entre o vello e o novo. É cruzar algunha das pontes cara á beira sur do río e poñerte automaticamente en “modo Peaky Blinders”: ao camiñar por Clink Street; pola chea de postos de comida, bares e restaurantes que se amorean baixo as vías do tren arredor da catedral de Southwark; polo Butler’s Wharf, do outro lado da ponte da Torre. Só a uns pasos, de novo na beira, erguer a vista alén do río ofrece o magnífico espectáculo da City, materialización do poder do diñeiro no século XXI. Unha City que, á súa vez agocha estreitas ruelas con eses pubs de nomes que só os ingleses saben poñer. Atopo que, lamentablemente, ese contraste irá esmorecendo a modiño, a medida que os case infinitos guindastres que se erguen por alá vaian rematando o seu traballo. Mentres, disfrutemos dunha cidade magnífica. Ver esta publicación en Instagram