Publicacións

Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Unha noite máis de sutileza e bo viño en Omakasé Sushi Bar (A Coruña)

Imaxe
Unha noite máis de sutileza e bo viño en Omakasé Sushi Bar . Enormes o nigiri de cigala e o chawanmushi con gamba vermella e chícharos bágoa. Abraiante a escolma de viños, pechando no alto co CDN de Yann Durieux. Que parella Adrián e Andrés !!!! Ver esta publicación en Instagram

Máis sobre a elegancia de Bido (A Coruña)

Imaxe
Isto que vou dicir seica vaille soar a herexía a algúns, pero eu sempre fun moito máis de Federer que de Nadal. A tenacidade, o esforzo, o nunca renderse son calidades de gabar, claro. Pero a elegancia só a posúen uns poucos. Esa palabra, elegancia, é a que me ven á cabeza cada vez que xanto en Bido . Sabores coa intensidade xusta, harmónicos, equilibrados. Como o escabeche emulsionado e os amorodos coa caluga da pescada. Ou a temperatura do espárrago e a do seu fondo, praliné incluido. O leve picante da mariñeira das ameixas. O toque de brasa do allo porro co salmonete. A fina masa da empanada coa zarangallada de xoubas. En fin, non sei como xogará ao tenis Juan Crujeiras , pero cociñar faino moi, moi ben. Ver esta publicación en Instagram

Había que volver ao Atelier de Amanda (Oleiros, A Coruña)

Imaxe
Unha das mellores cousas de coñecer un restaurante ao pouco de abrir é poder vivir a súa evolución en primeira persoa. Ás veces é de vagar, ás veces nótase de visita en visita. Hai pouco máis de catro meses que coñecín o Atelier de Amanda de Summa Breogán , cando apenas levaba medio ano aberto. Xa escribín del por aquí. E vaia se evolúe! Até o punto de ter que facer este post polos dous pratazos que probei a fin de semana pasada. Os espárragos - bendita tempada - cun mollo de foie e maionesa dos seus peles, soberbio. E unha raia á prancha caralluda. Antes, anchoas con queixo picón; despois, lombo de vaca dos que se desfai con pementos e cebola. Dicía o primeiro día: ‘pasei do “hai que coñecelo” ao “hai que voltar”’. Está claro que vou desenvolvendo un ollo para isto do comer 😉 Ver esta publicación en Instagram

Miga (A Coruña): casa de xantares, taberna, bistró... quen precisa saber?

Imaxe
No primeiro parágrafo da páxina web de Miga aparecen os termos taberna, casa de comidas, casa de xantares e bistró. Coido que por aí, efectivamente, se move a proposta de Adrián Felípez . Pero, mentres estás sentado entre esas paredes de pedra, prato diante, as etiquetas dan bastante igual. O importante é que recoñeces unha vez máis unha proposta xa firmemente asentada, unha cociña de mollar o pan. Pasamos por clásicos, como a ensaladilla de lagostinos; tamén por tempada, notábeis os espárragos con chícharos e beurre blanc de ourizos; e por horta da nosa: o repolo acompañando aos berberechos e o caldo de grelos a un prensado de cacheira de porco celta boísimo; antes abríramos cunhas ostras, á prancha con yuzu e frita. No viño, ese Amorodos de Atrium Vitis que fai honra ao seu nome. Casa de comidas, casa de xantares, taberna, bistró... con esa cociña, quen precisa saber? Ver esta publicación en Instagram

Casa Surrey (A Coruña): bo picoteo, moi bo viño e fantásticas centolas

Imaxe
O meu pai é matemático. O meu irmán tamén. Non sei se é por iso, pero eu acredito moito na propiedade transitiva: se eu confío en ti e ti confías nel, eu confío nel. Todo isto a conta de que sábado pasado estaba eu en A mano Coruña , comprándolle viño e queixo a Juan, cando entrou alguén. ‘Xa lle fostes a ese?’, dixo Juan ‘Non sei quen é’ ‘Pois xa estás tardando en ir’ Dito e feito, falamos con el e fixemos a reserva para o venres seguinte. E acabamos tamén indo esa noite, afortunados de atopar un oco na barra. ‘Ese’ era Fran, de Casa Surrey , un dos lugares de tapeo históricos da rúa Barrera. Xa ouvira falar das súas centolas, mesmo tentara ir algunha vez. Non sabía o que estaba perdendo: o primeiro día foi un bruño de algo menos dun quilo, sabor puro; o segundo, xa encargado, un señor bicho de case dous. Non me extraña que atinxan ese nivel despois de escoitar a Fran: o xeito de atopar os animais, o de cocelos - minutos, lume -, o de enfrialos - tempo, velocidade: a caca ...

NaDo (A Coruña): militar sen deixar de avanzar

Imaxe
Se cadra, unha das decisión máis complexas nun restaurante é o dinamismo da carta. ¿Trocámola decote, para ter sempre novidades rechamantes, a risco de perder personalidade, natureza? ¿Ou mantemos as nosas propostas recoñecíbeis, tratando de evitar a fatiga ou o estancamento? Como cliente, o que eu procuro é máis do segundo enfeitado con algo do primeiro. Os pratos que dan carácter e sentido a un local, sempre buscando variantes, melloras miúdas, adaptación á estación e ao produto dispoñíbel. Pero tamén algunha aposta diferente: non a novidade pola novidade, senón ideas que teñan sentido na cociña, na esencia, na proposta do restaurante. Vaia, o equilibrio entre “vou estar na casa” e “a ver por onde saen estes hoxe”. Precisamente iso foi o que atopei – o que sempre atopo – na última visita a NaDo . Pola mesa pasaron as vieiras curadas con holandesa de chalotas, os espárragos brancos á feira, o mexillón en escabeche emulsionado, a ostra e os piñóns, ese pan. Estabamos na casa. Despo...

Adega O Cabalín (Valdeorras): unha historia que merece ser bebida

Imaxe
Coñecín o traballo de Adega O Cabalín , como tantos outros viños, por Juan en A Mano . Ese Bascois cativoume desde o primeiro momento. Casualidade ou fado, após uns poucos días, caeu unha botella de A Espedrada no Árbore da Veira . Tempo despois, xa o ano pasado, tiven a sorte de coñecer a Luis e Teresa no Forum Gastronómico . Desde entón, sempre teño os seus viños na casa. Pero gozar dun viño é unha cousa, e bebelo despois de pisar o lugar onde nace, outra ben distinta. Este pasado sábado visitamos adega e viñas do Cabalín, en Vilamartín e Carballeda de Valdeorras, respectivamente. Pouco máis de tres hectáreas en case medio cento de parcelas, a norte e sul do Sil. Cepas vellas, moi vellas; lousa, fiuncho, xabaríns, corzos, un pombal; terras abandoadas por anos, vides case soterradas, localizadas e recuperadas con non pouco esforzo. E, sobre todo, moita paixón e moito agarimo por esa terra, por esas prantas centenarias, por ese solo de nomes Viladequinta, A Valigota, Bascois. Xa,...

Lémur: outro dos destacados no abrollar de Ourense

Imaxe
Non moi lonxe do centro, pero nunha contorna marcadamente rural - casas unifamiliares, un paseo fluvial, campos e leiras -, tres modernas torres veñen rachar a paisaxe do ourensán bairro do Polvorín. Desde hai uns meses, no baixo dunha delas, Lémur pon o seu gran de area na metamorfose, cun espazo onde lume e produto van da man. A brasa, aquí, non é só unha técnica: é o fío condutor – a grella vasca á vista, para quen lle preste a barra. Percorremos o mar, primeiro: carneiro e berberechos e vieiras, notábeis os moluscos; tamén kokotxas e carabineiro, ambos con ovo. E pechamos na terra, cun bo chuletón e unha escolma de queixos do país. Oficia na sala Santiago Sergio , quen non nos deixou beber mal 😉 Talvez Ourense sexa a agochada de Galicia, algo lonxe do barullo gastronómico da costa. Pero entre os locais xa asentados e novidades como esta, á forza ten que abrollar. Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Manoel Foucellas (@manoelf...