Lourido (Poio): cigalas XXL e berberechos moi escasos


Poñía na carta: “Cigala XL”. Xusto debaixo: “Cigala XXL”. E un pouco máis adiante: “Berberecho seleccionado (moi escaso)”. Claro, les iso e ¿que vas pedir?

E viñeron as cigalas XXL. E viñeron os berberechos moi escasos. As unhas - gordas, enchendo a boca - coa tersura da carne cocida como ten que cocerse; os outros co estourido no padal. Gozamos todo o sabor das rías namentres ollábamos para a de Pontevedra a través da fiestra do Lourido

Despois chegou o rodaballo ao forno con esas pataquiñas que lle compiten (si, son tan boas as patacas galegas que, ben asadas, compítenlle até a un rodaballo). E todo o tempo, na copa, o Do Ferreiro Cepas Vellas de Gerardo Méndez: toma máis ría!

(Grazas Joseba Santa pola recomendación. Non houbo espazo para os choquitos: perfecta escusa para planificar a seguinte!)

Comentarios

Entradas populares de este blog

¿El mejor asador de Coruña?

¿Dónde tomarse un buen gin tonic?

El paraíso surrealista del Fogar do Santiso (Teo)