Entradas

Mostrando entradas de julio, 2025

NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imagen
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram

Casa Gaibor (Guitiriz): cociña de hoxe no lugar de sempre

Imagen
Non tiña ningunha referencia, nin directa nin indirecta: só coñecía o que vía no seu perfil de Instagram e a historia familiar - unha taberna de máis de sete décadas - relatada na web, cunha nova etapa que comezaba hai pouco máis dun ano. Porén, algo me dicía que alí se cociñaba ben. Así que onte, día de Galicia, tiramos para Guitiriz. E carallo se se cociña ben en Casa Gaibor . Comezo polo pratazo do día (que case nos obligan a pedir: ¡canta razón levaban!). Unhas verdinas ao dente pero cremosas; un chipirón tenro que, ao ser cortado, espallaba a tinta sobre o guiso; unha leve capa cítrica e unha salicornia para aportar acidez e salinidade ao conxunto, equilibrándoo. Boísimo. Antes, unhas tostas de sardiña afumada en moi boa parella co queixo do Cebreiro; unha melosa croqueta de lura na súa tinta; uns mexillóns de Lorbé en escabeche suave; e uns berberechos deses, gordos, dos que estouran na boca. Para pechar, tralas verdinas, un sargo ao forno no seu punto preciso, cunhas pat...