Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2025

NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imagen
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram

A volta de Izakaya Hokuto (A Coruña)

Imagen
“A poucos metros do Campo da Leña, agochada entre horríbeis moles de ladrillo e formigón, resiste unha pequena mazá de casiñas cun xardín central, agardando con paciencia a que o progreso a leve por diante: o Campo de Artillería. Nese escenario, poucas cousas resultan máis naturais ca unha taberna.” Así comezaba a falar da Izakaya Hokuto hai dez anos, cando abría na Coruña o pequeno local que daba acubillo ao proxecto de Carlos Pérez: apenas unha barra para oito ou dez comensais e algunha mesa. E, como en todo bo restaurante xaponés, unha carta de técnicas: o produto é o mellor dispoñible en cada momento. Bastantes anos tralo seu peche, hai apenas unhas semanas, recibimos a boa nova da reapertura. E, unha década despois, alí segue o mesmo espírito: preparacións clásicas xaponesas – sashimi, usuzukuri, sushi, teriyaki; apenas uns dumplings sáense da ortodoxia – co toque persoal nos temperos que dá o pasado de Carlos en Kabuki. Seica onde mellor se aprecia isto último sexa nos s...