Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2026

Atelier de Amanda (Mera, Oleiros): fixémoslle caso ao faro

Imaxe
Seica o faro de Mera e a Torre de Hércules levan décadas laretando dun lado ao outro da ría, coma dous vellos sentados en bancos distintos dun mesmo paseo. Hoxe, sol de novembro e día de primavera, ouvíanse ben. A Torre presumía de cidade, de rúas e de xente. O faro, máis calado, apuntaba cara a terra, a unha Mera case baleira, onde fumega a cociña do Atelier de Amanda . Fixémoslle caso ao faro. Dos xa coñecidos, o sashimi de vieira chegou desta vez morno: gosto máis desta versión de outono; a carbonara de migas, ovo, San Simón e chourizo segue a ser un pratazo. Chourizo tamén nas novidades, con castañas nas croquetas, mellores que as de queixo; estupendo o allo branco con sardiña e algas que traía o mar enteiro dentro. Como o traía o sargo de Pescados Rabina cun fondo de patacas de Coristanco. A sobremesa (remolacha, limón e froita da paixón) gañou a miña atención: novidade! O Bierzo tamén quixo sentar á mesa: Ultreia Rapolao de Raúl Pérez . Novembro, sol, mar, paseo e unha bo...

La Molinera (Lalín): os fondos e a memoria

Imaxe
Os que me ledes sabedes que hai unhas semanas pasei por OSA . Impresionoume, sobre todo polos fondos: densos, sabedeiros, colaxenosos, envolventes, melosos, longos. Dos que activan a memoria dos sabores, dos que tocan algo no miolo que che empurra a procurar esa mesma sensación noutro lugar. Xa desde esa noite quedei coa teima de volver a La Molinera. Hoxe foi o día. E alí estaban outra vez: untuosos, concentrados, profundos, suculentos; pegabeizos. O de xarrete co steak tartar. O das manitas con carabinero. O do morro coas patacas. Monumentais os dous primeiros. Oficio tamén nos máis leves, nos máis frescos: os pementos do xurelo, o escabeche da ventresca. Un flan deses para rematar. Non cociña mal Moli , non. Tampouco ten mala adega: o champagne de Adrien Dhondt foi o contrapunto certo aos pratos. Curioso o da memoria. Lévache dun xantar ao seguinte sen pedir permiso. Converte episodios illados en capítulos dunha mesma historia. Concentra sensacións, como un fondo ben feit...

Catando historia de Betanzos na Moniña dos Caneiros

Imaxe
Houbo case unanimidade: os 2019, tanto o Alicerce como o Senlleiro. Chamou a atención a presenza salina do 2017, o ano da tremenda xiada xa case en maio. Tamén o carácter que máis agudelo e unha pisca de botrite lle daba á 2016. E a tremenda acidez, o coitelo que segue a ser a 2015, con moitos anos aínda por diante. En realidade, iso é un pouco o de menos. O importante é que alí estabamos, catando historia de Betanzos. Viños cunha década ás costas. Unha mostra do potencial que agochan as ladeiras do Mandeo, a branca lexítima, este recanto do mundo. Angelito e Josiño, Juan e Ricardo. Os Conexión Mandeo guiaban a noite. E ollar para as súas facianas mentres probaban os viños era un xeito de cata paralela: eran caras de lembranza, de saudade, de orgullo, de esforzo, de “carallo que rico nos quedou isto”, seica de algo de frustración pero tamén de moita esperanza. A mesma que teño eu. Porque, algún día, decatarémonos de que o único que nos falta é crer en nós mesmos. O demais xa está...

Nova visita a Izakaya Hokuto (A Coruña)

Imaxe
Nova visita a Izakaya Hokuto , xa en plena forma cuns meses de rodaxe trala reapertura. Puxémonos, coma sempre, en mans de Carlos e saiu a coñecida secuencia sashimi/usuzukuri, interludio de cociña e nigiri para finalizar. Non vou escribir moito desta vez: coido que as fotos son elocuentes. Só destacar os nigiri de peixe azul (xurelo, xarda, sardiña), agora que se achega o seu mellor momento; a caldeirada e o mollo verde que temperaban o cabracho e a pescada; a parella magnífica dos últimos chícharos bágoa co toro; o sabedeiro que pode ser algo tan simple como un nigiri de ovo fritido. Que sorte temos na Coruña de ter tres xaponeses de nivel: a ortodoxia e a técnica de Omakasé Sushi Bar , a fusión e a versatilidade de Izakaya Hokuto , e a creatividade e personalidade de Caballa 14 . Moita sorte. Ver esta publicación en Instagram

A nova adega de Forjas del Salnés (Meaño)

Imaxe
Os primeiros que vin ao chegarmos foron Teresa e Luis, de O Cabalín, e os Paadín. Pouco despois, pasaba bulindo Xosé Portas, ao mando da loxística nos intres iniciais. Un anaco despois chegaba o anfitrión, Rodri, como non. Era pouco antes da unha da tarde e a cousa estendeuse até a media noite: eles foron só os primeiros que atopaba. Ao longo do día foron moitos. Os veciños de Rías Baixas: Locho, os demáis Méndez, Alberto e Silvia, Chicho, seica andaba Xurxo por alí. Os veciños do resto de Galicia: Sebio, Crusat, as Anónimas, Iria, coido que Pedro tamén. Os veciños do Bierzo: César, Raúl. E demais persoeiros do mundo do viño, entre eles o xenial Luis Gutiérrez. A algúns foi só velos; a outros, saúdalos e coñecelos; con non poucos, falar e rir e beber e compartir. Estaban os dos restaurantes, claro. Os consagrados: Manuel de O’Pazo e Berto. Os rapaces que fan cousas tan boas espallados polas vilas galegas: os do Material de Malpica, Terra de Fisterra, Gaibor de Guitiriz, O Secadei...

Lourido (Poio): cigalas XXL e berberechos moi escasos

Imaxe
Poñía na carta: “Cigala XL”. Xusto debaixo: “Cigala XXL”. E un pouco máis adiante: “Berberecho seleccionado (moi escaso)”. Claro, les iso e ¿que vas pedir? E viñeron as cigalas XXL. E viñeron os berberechos moi escasos. As unhas - gordas, enchendo a boca - coa tersura da carne cocida como ten que cocerse; os outros co estourido no padal. Gozamos todo o sabor das rías namentres ollábamos para a de Pontevedra a través da fiestra do Lourido Despois chegou o rodaballo ao forno con esas pataquiñas que lle compiten (si, son tan boas as patacas galegas que, ben asadas, compítenlle até a un rodaballo). E todo o tempo, na copa, o Do Ferreiro Cepas Vellas de Gerardo Méndez : toma máis ría! (Grazas José Basanta pola recomendación. Non houbo espazo para os choquitos: perfecta escusa para planificar a seguinte!) Ver esta publicación en Instagram

Timón Bar (Ferrol): sobrasada e palo cortado de sobremesa

Imaxe
“Oes, Dani, a miña nai e máis eu non somos moi de doces. Podería ser de sobremesa unha taboíña desas de Maldonado, cun xereciño para acompañar?” O tipo tentou evitar o sorriso de complicidade, pero non o conseguiu. Un anaco despois chegaban os embutidos, incluída unha tremenda sobrasada con mel e un non menos tremendo palo cortado de 20 anos de Hidalgo La Gitana . Complicidade, informalidade, pasalo ben. Diso vai, en boa medida, o Timón Bar . Pero non sería dabondo se non houbera a cociña que hai. Antes da sobremesa salgada chegaran o salmón marinado e as anchoas con manteiga; chegaran os callos cósmicos de Cosmik e o steak tartar; chegaran os peixes: a dourada e o salmonete. Chegaran cousas ben boas. E claro, logo está Dani Carballeira cos seus viños. A botella condutora foi un Alma de Mar de Albamar , ben acompañada por algunhas copas máis que foron caendo. Un sorriso, uns embutidos e un palo cortado de insospeitada sobremesa: boa escolla e bo xeito de explicar o Timón ...