Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2024

NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imagen
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram

A evolución de Caballa 14 (A Coruña)

Imagen
Volvemos a Caballa 14 e comprobamos como a pequena izakaya vai evoluindo, vaise asentando. Aparecen novos pratos para complementar a secuencia de nigiris do omakasé; en algún caso, até para roubarlle protagonismo, como o estupendo salpicón con toro. No sashimi, moi bo peixe e mollos que lle dan unha personalidade diferente. Toro, carabinero, anguía, cigala con papada, ourizo, foie... o produto e o tempero dos nigiri segue marcando un ton ben alto. Coido que o espazo para continuar crecendo está no arroz. En fin, paso firme, personalidade marcada, evolución. Moi boa relación calidade-prezo. Para volver moitas veces máis. Ver essa foto no Instagram Uma publicação compartilhada por Manoel Foucellas (@manoelfoucellas)

A proposta convincente de Charlatán (A Coruña)

Imagen
Non o souben até moito despois, pero coñecín a Daniel Portillo nun inesquecíbel xantar a pé de area no verán do 2013 no @loxemareiro, capitaneado entón por Iván Domínguez e Iago Pazos . Anos máis tarde, cando moraba en Latinoamérica, as visitas anuais á Coruña tiñan sempre unha parada obrigada no NaDo , para gozar da militancia atlántica: aí foi cando aprendín que a man dereita de Iván era o mesmo que, de crequenas, grellaba as navallas na mesma beira do mar de Carril. Agora, Dani dirixe desde hai uns meses a cociña do Charlatán , a apenas uns metros do seu anterior fogar. Xa asentado, fómoslle probar a proposta de outono. Moi interesante o balance entre a aportación da bagaxe persoal, do aprendido e o mantemento do carácter do local, do que ten sido Charlatán desde que chegara, aínda novo. Así, por unha banda, están os fondos substanciosos, os mar e terra, os puntos precisos: o contrapunto do codium coas tenrísimas verdinas, o conxunto dos pratos de vieira e peixe sapo, o f...

Solvencia e oficio en Salitre (A Coruña)

Imagen
Achegouse un par de veces a camareira para ver se rematáramos os entrantes. Iso era sinal de que o arroz xa estaba a piques. Se hai algo innegociable en Salitre é que o arroz chega como ten que chegar, no punto exacto. Así que apuramos o último anaco de cecina e axiña chegou a paella co arroz negro. Efectivamente, perfecto o punto, sabedeiro a máis non poder, impoñente o fondo. Antes, ademais da cecina, unha espectacular empanada de mexillóns. Masa e recheo impecables. esta empanada mostra que o que fan en Salitre , máis que actualización ou posta ao día da cociña galega, é o seu perfeccionamento último. Coa de Bido , a mellor da cidade para min. E, por esta vez, non vou esquecer a sobremesa: xeado de requeixo da Capela, con mel e noces. Vaia, quen queira localazo, vista ao mar (agora sen coches diante trala reforma do paseo marítimo), cociña sen sobresaltos e xente que sabe moi ben o que fai – a experiencia é un grao – esta opción non da para errar. Ver essa foto no Ins...