Entradas

Mostrando entradas de abril, 2025

NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imagen
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram

Unha noite máis de sutileza e bo viño en Omakasé Sushi Bar (A Coruña)

Imagen
Unha noite máis de sutileza e bo viño en Omakasé Sushi Bar . Enormes o nigiri de cigala e o chawanmushi con gamba vermella e chícharos bágoa. Abraiante a escolma de viños, pechando no alto co CDN de Yann Durieux. Que parella Adrián e Andrés !!!! Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Manoel Foucellas (@manoelfoucellas)

Máis sobre a elegancia de Bido (A Coruña)

Imagen
Isto que vou dicir seica vaille soar a herexía a algúns, pero eu sempre fun moito máis de Federer que de Nadal. A tenacidade, o esforzo, o nunca renderse son calidades de gabar, claro. Pero a elegancia só a posúen uns poucos. Esa palabra, elegancia, é a que me ven á cabeza cada vez que xanto en Bido . Sabores coa intensidade xusta, harmónicos, equilibrados. Como o escabeche emulsionado e os amorodos coa caluga da pescada. Ou a temperatura do espárrago e a do seu fondo, praliné incluido. O leve picante da mariñeira das ameixas. O toque de brasa do allo porro co salmonete. A fina masa da empanada coa zarangallada de xoubas. En fin, non sei como xogará ao tenis Juan Crujeiras , pero cociñar faino moi, moi ben. Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Manoel Foucellas (@manoelfoucellas)

Había que volver ao Atelier de Amanda (Oleiros, A Coruña)

Imagen
Unha das mellores cousas de coñecer un restaurante ao pouco de abrir é poder vivir a súa evolución en primeira persoa. Ás veces é de vagar, ás veces nótase de visita en visita. Hai pouco máis de catro meses que coñecín o Atelier de Amanda de Summa Breogán , cando apenas levaba medio ano aberto. Xa escribín del por aquí. E vaia se evolúe! Até o punto de ter que facer este post polos dous pratazos que probei a fin de semana pasada. Os espárragos - bendita tempada - cun mollo de foie e maionesa dos seus peles, soberbio. E unha raia á prancha caralluda. Antes, anchoas con queixo picón; despois, lombo de vaca dos que se desfai con pementos e cebola. Dicía o primeiro día: ‘pasei do “hai que coñecelo” ao “hai que volver”’. Está claro que vou desenvolvendo un ollo para isto do comer 😉 Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Manoel Foucellas (@manoelfoucellas)

Miga (A Coruña): casa de xantares, taberna, bistró... quen precisa saber?

Imagen
No primeiro parágrafo da páxina web de Miga aparecen os termos taberna, casa de comidas, casa de xantares e bistró. Coido que por aí, efectivamente, se move a proposta de Adrián Felípez . Pero, mentres estás sentado entre esas paredes de pedra, prato diante, as etiquetas dan bastante igual. O importante é que recoñeces unha vez máis unha proposta xa firmemente asentada, unha cociña de mollar o pan. Pasamos por clásicos, como a ensaladilla de lagostinos; tamén por tempada, notábeis os espárragos con chícharos e beurre blanc de ourizos; e por horta da nosa: o repolo acompañando aos berberechos e o caldo de grelos a un prensado de cacheira de porco celta boísimo; antes abríramos cunhas ostras, á prancha con yuzu e frita. No viño, ese Amorodos de Atrium Vitis que fai honra ao seu nome. Casa de comidas, casa de xantares, taberna, bistró... con esa cociña, quen precisa saber?  Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Manoel Foucellas (@m...

Casa Surrey (A Coruña): bo picoteo, moi bo viño e fantásticas centolas

Imagen
O meu pai é matemático. O meu irmán tamén. Non sei se é por iso, pero eu acredito moito na propiedade transitiva: se eu confío en ti e ti confías nel, eu confío nel. Todo isto a conta de que sábado pasado estaba eu en A Mano , comprándolle viño e queixo a Juan, cando entrou alguén. ‘Xa lle fostes a ese?’, dixo Juan ‘Non sei quen é’ ‘Pois xa estás tardando en ir’ Dito e feito, falamos con el e fixemos a reserva para o venres seguinte. E acabamos tamén indo esa noite, afortunados de atopar un oco na barra. ‘Ese’ era Fran, de Casa Surrey , un dos lugares de tapeo históricos da rúa Barrera. Xa ouvira falar das súas centolas, mesmo tentara ir algunha vez. Non sabía o que estaba perdendo: o primeiro día foi un bruño de algo menos dun quilo, sabor puro; o segundo, xa encargado, un señor bicho de case dous. Non me extraña que atinxan ese nivel despois de escoitar a Fran: o xeito de atopar os animais, o de cocelos - minutos, lume -, o de enfrialos - tempo, velocidade: a caca dens...