Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

Atelier de Amanda (Mera, Oleiros): fixémoslle caso ao faro

Imaxe
Seica o faro de Mera e a Torre de Hércules levan décadas laretando dun lado ao outro da ría, coma dous vellos sentados en bancos distintos dun mesmo paseo. Hoxe, sol de novembro e día de primavera, ouvíanse ben. A Torre presumía de cidade, de rúas e de xente. O faro, máis calado, apuntaba cara a terra, a unha Mera case baleira, onde fumega a cociña do Atelier de Amanda . Fixémoslle caso ao faro. Dos xa coñecidos, o sashimi de vieira chegou desta vez morno: gosto máis desta versión de outono; a carbonara de migas, ovo, San Simón e chourizo segue a ser un pratazo. Chourizo tamén nas novidades, con castañas nas croquetas, mellores que as de queixo; estupendo o allo branco con sardiña e algas que traía o mar enteiro dentro. Como o traía o sargo de Pescados Rabina cun fondo de patacas de Coristanco. A sobremesa (remolacha, limón e froita da paixón) gañou a miña atención: novidade! O Bierzo tamén quixo sentar á mesa: Ultreia Rapolao de Raúl Pérez . Novembro, sol, mar, paseo e unha bo...

Millo (A Coruña): outras regras

Imaxe
Máis un día nese recuncho de espontaneidade e eclecticismo que é Millo . Que ricos, que frescos, que bonitos, que de verán os boqueróns nórdicos coas brevas e as peras. Que sabedeiro, intenso, precisamente picante o guiso de riles con patacas e ovos. Que bo revisitar os clásicos: ensaladilla, pappardelle. Que conxunto o do hummus, a oliva ascolana, o ovo e o cogombro. Que peche o tiramisú. Na copa, merenzao do Jura. Que menos!!! Podería semellar que en Millo non hai regras. Eu coido que, simplemente, son outras: as de Moncho . Ver esta publicación en Instagram

OSA (Madrid): unha aldea gala no Madrid gastronómico

Imaxe
Tíñalle moitas gañas a OSA , unha desas poucas aldeas galas do Madrid gastronómico que fan fronte á deriva dubaití imperante, xunto co team “pes no chan”. (Precisamente onte, marabilla de entrevista a Marian de Taberna Verdejo en El País Gastro ) Hai que achegarse á beira do Manzanares, afastarse do centro, até unha preciosa casa cun pequeno patio e unha moi acolledora adega/espazo de maduración no piso superior. E deixarse levar, especialmente se optas polo menú XL: longo, require curiosidade e resistencia, pero é a mellor maneira de entender o que saben facer alí. Abre a cousa con varios pases de charcutaría, un dos sinais de identidade de OSA: orella de Lalín ♥️ e consomé; pescozo de galo, lingua escarlata, máis porco. Porén, o que máis me sorprendeu veu despois: unha sucesión de guisos/fondos/produto con momentos de nivel altísimo. A demiglace coa traseira do coello e fabiñas; o choco da Ría na súa tinta (manda carallo, un galego dicindo isto); un monumental prato da espar...

Taberna Beade (Paderne): para peregrinarmos todos

Imaxe
Fomos ao berce mesmo, ao lugar de Samede, concello de Paderne. Só houbo que cruzar a estrada para pasar da adega Ribeiras de Armea á taberna familiar, Taberna Beade . Honestamente, a miña expectativa era só gozar dos viñazos da adega e comer unha boa carne asada. Carallo, afortunadamente andaba moi errado. Xa desque chegou o pincho de tripas a cousa anunciaba xeitosa. E cos berberechos - tamaño, punto - sumiu calquera dúbida. Navallas, polbo e un listado con patacas e tomate sobresaínte. Logo as carnes: rabo e, sobre todo, un xarrete dos que se desfai e unhas pataquiñas das que case nin mastigas. E aínda a sorpresa final: tremendo flan. Bebemos, claro. Unhas copiñas do branco. Unha botelliña, outra máis, da roibal. O ancestral feito con amigos. Até unha sidra. As marabillas que fai Jose e que serve sen darlle importancia ningunha. Humildade extrema, humildade de crack. Para peregrinarmos todos a Paderne. Ver esta publicación en Instagram

Requeixo da Capela con mel: Galicia para quen vén de lonxe

Imaxe
Requeixo da Capela con mel. Tan sinxelo como iso. Tiven esta semana visita de compañeiros de traballo: desde Xapón, India e EEUU. Para todos, a primeira vez en Galicia. E, claro, ademais de visitas turísticas a A Coruña e Compostela, houbo que darlles de comer e beber. Foi moi interesante fixarse no que máis lles chocou, vindo como veñen de culturas tan afastadas á nosa. O silencio da Praza das Bárbaras, os plátanos da Praza da Fariña, a Catedral desde a carballeira de Santa Susana, o eco dos pasos ao camiñar de noite pola rúa do Vilar, a pequena tenda de castañas (os seus licores!) na Rúa Nova. Son xente con moito mundo, afeitos a restaurantes de nivel. Pensei que levarían unha mellor idea do noso cunha estratexia tabernícola. Fíxenlles tomar Ribeiro turbio en cunca, que carallo. E, mesmo sendo de gustos clasicotes en viño, gozaran con tres dos meus favoritos de entre os galegos (quen non!): A Espedrada de Adega O Cabalín , Herdanza do Vento de Ribeiras de Armea e o María Luisa...

Un día máis, mar en Salpica (A Coruña)

Imaxe
Pon aí uns berberechos, Manolo, que están ben gordos. Rico o Agás do Tempo. Vai ben coas gambiñas vermellas. As minchas veñen con okupa. Bo o frito dos camaróns brancos: están pedindo unha copiña de espadeiro, Vanessa. Empanada e ensaladilla, claro. Ostras de sobremesa: das chás, das chás, que saben máis. Un día máis, mar en Salpica Ver esta publicación en Instagram

Asador O'Pazo (Padrón): os tacos que foxen...

Imaxe
Levas o primeiro anaco á boca, seica despois de terte achegado a cheiralo. Comezas a mastigar. Segues mastigando, cada vez máis amodo, sen mirar para ningures. Tragas. E aí sae: “j*der!”. Un murmurio, é certo, pero dilo. “Joo dér!”, así, separado en dúas verbas e con acento no é. Eu son dos que pensa que o único xeito realmente válido para medir a cociña dun restaurante son os tacos que foxen – espontáneos, xenuínos, incontrolábeis – dos beizos dos comensais. Tacos bisílabos, pronunciados miudiño – son para ti, non para os demais –, acompañados dun leve asentimento: a cabeza que tamén aproba. Onte, no Asador O'Pazo , deixei escapar moitos tacos. Por suposto, como outras veces, por ese punto de brasa tan difícil de acadar: presente na textura do peixe, do marisco, da carne; presente no cheiro, no afumado; porén, só sutilmente presente, o suficiente para mellorar un produto xa caralludo de seu. Exemplo: a cherna. Carne tersa, limpa, branca, brillante; pel crocante, no grao ce...

O Fragón (Fisterra): por todo

Imaxe
Hoxe pláxiome a min mesmo porque, a verdade, non atopo mellor xeito de describir o ben que o paso cada vez que me achego a Fisterra a xantar no O Fragón . Por todo. Polo agarimo que destilan en todo o que fan, do mar ao prato: parece que coñecen cada ostra, cada ourizo, cada sardiña, cada lura que chega á súa cociña; a cada mariñeiro, a cada mariscadora, a cada labrego, a cada redeira da bisbarra que participa no proceso. Pola súa teima en aproveitalo todo, xa sexa para patés, para aceites, para darlle unha volta a aquela receita. Pola súa amabilidade. Pola paisaxe desas inmensas xanelas á ría de Corcubión, ao Pindo, á praia Langosteira. Pola escolma de viños. E pola cociña, claro. Aí estaban eses percebes e o magnífico salmonete co seu fígado. As volandeiras con chícharos. Antes, para abrir, os azuis: xarda e listado. Tamén arroz de chocos e tenreira con pataca. E, entre os queixos, o queixo da Josefa que levan ¡24 anos! servindo. Betanzos na copa: a roibal de Ribeiras de A...