Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2025

NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imagen
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram

O que nos diría ChatGPT de Ultramarinos Galera (A Coruña)

Imagen
Seica agora a vida vai toda de algoritmos. Non sei, pero por se acaso, velaquí un que funciona sempre: 1. Entra no local con paso decidido. 2. Ollo á esquerda, foto á lousa tras da barra coas suxestións do día. 3. Senta na túa mesa. 4. Mira a foto, escolle o que máis che pete: canta máis cara de produto puro teña, mellor. 5. Selecciona un bo viño da interesante escolma dispoñíbel. 6. Pásao ben. Non sei que dirá ChatGPT, pero coido que non hai mellor xeito de gozar en Ultramarinos Galera . Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Manoel Foucellas (@manoelfoucellas)

Nómade (A Coruña): viños arxentinos con boa compañía no prato

Imagen
Camiñaba o outro día pola rúa Picavia cando un cartel chamou a miña atención: wine bar arxentino, seguido de nomes tan relevantes como El Enemigo, Catena Zapata, Rutini ou Bressia – adegas, a maioría, que puiden visitar cando vivía en Santiago de Chile, só cruzar os Andes para chegar a Mendoza. Obviamente, había que coñecer ese lugar: Nómade . E alá que fomos. Cociña de grella, de lume, á vista dunha acolledora sala de aires máis mediterráneos que pampeanos. Escollemos carne, claro: un ojo de bife ben mol, no seu punto e temperatura, algo tímido de sabor, acompañado por un boniato asado. Gustei das entradas, especialmente do aguacate en tempura con tartar de salmón; tamén bos os shiitake con tapenade, stracciatella e ourizo. A escolma de viños arxentinos está en construción, pero xa amosa cousas interesantes das adegas citadas e algunhas máis doutras zonas do país, de Salta á Patagonia: nós escollemos o Bressia Profundo, un blend mendocino no que predomina a malbec, tan elegante co...