Entradas

Mostrando entradas de abril, 2026

NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imagen
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram

A Serra (Narón): ¡non vos fiedes dos sinais!

Imagen
Viñamos de gozar da vista da fervenza do Belelle cando batemos cun sinal que indicaba o miradoiro do Coto de Ancos a tan só un Km. Comprobamos tres cousas: que a sinalización é moi mala (si, concelloneda, fáganlle caso aos veciños!); que o Waze (que puxemos demasiado tarde) ten serias limitacións coas corredoiras e o rural galego en xeral; e que eu, como condutor, teño tantas ou máis limitacións aínda (véxase a última foto). A cousa é que, tarde, mal e arrastro (grazas pola paciencia, Dámaso ), conseguimos chegar a Pedroso, a A Serra . E alí esquecemos axiña o atropelado da viaxe. En particular, as orellas á feira. ¡Que orellas! Melosas, sabedeiras, cun mollo xelatinoso deses. Molou moito tamén o bikini, con lacón ben torradiño, queixo de Arzúa e xema de ovo. E as croquetas de lura coa súa tinta. Caeron tamén callos ao forno e un bo steak tartar de pre-sobremesa, abrindo paso á sorprendente porén rica croqueta de torrija con xeado de pistacho para pechar. Na copa, un clásico: o...

Unha historia de estrada diferente en Restaurante Delfino (Moeche)

Imagen
Edificios impersoais, sen alma. Pouco tráfico na estrada, sitio de máis para aparcar. Comedores grandes, fríos, cunha estética funcional que ás veces raia no desleixo: deseñados para seren esquecidos. Lugares que asociamos a unha certa idea de resignación, a ese territorio un pouco triste onde ninguén agarda ser sorprendido. Algo rutineiro, previsíbel, case mecánico repítese en moitos dos restaurantes espallados polas estradas secundarias do país. Por sorte, non en todos; desde logo, non en Restaurante Delfino (Moeche, non moi lonxe de Ferrol). Porque nada tiñan de rutineiras aquelas kokotxas. Menos de previsíbel o usuzukuri de dourada. Pouco de mecánico o linguado. Ameixas e peixe sapo á cedeirense na mesma liña: sen estridencias, precisos. Igual nos doces: un bo cremoso de queixo de Moeche e unha torrija de roscón. Criterio, intención, vontade. Outra historia. Bebemos o delicado Fulcro Equilibrio de Chicho Moldes . Agora, disque nesta casa tamén hai espazo para sorpresas no ...

Recuncando en Casa Gaibor (Guitiriz, Lugo)

Imagen
Pásame cos sitios que visito decote. “Bah, hoxe non vou postar, que xan van varias”. Porén, saco igual fotos. E logo resulta que a cousa está tan ben que coido que sería inxusto deixala ao esquecemento, ao efémero das historias. Como hoxe en Casa Gaibor . A fluidez suave da croqueta de pescada co tartar de gamba; o mar dos berberechos XXL; a tersura do choco na tinta; a mordida do salmonete. Por riba, os primeiros espárragos: con chícharos, dourada, holandesa e ovas. E os fabóns, os ourizos, ese fondo-crema dos propios ourizos e xema. Soberbios: sempre culler en Gaibor. Non bebemos mal, tampouco: a caíño tinto de Zárate de garrafa condutora. Con algunha cousa máis que foi sacando Adrián. Pero por riba do por riba: Ofe, Carmen, David, Adrián, Antón. A xente. Casa Gaibor , con casa en maiúsculas. Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Manoel Foucellas (@manoelfoucellas)

Mesón do Campo: marcando o camiño desde Vilalba (Lugo)

Imagen
A primeira vez que estiven no Mesón do Campo foi hai dous anos. Íamos camiño de Ribadeo , a atopar de novo a cociña do magnífico Javier Montero . Xantamos ben e bebemos de carallo! Desde entón temos voltado dúas ou tres veces. In crescendo. O de hoxe estivo mooooi ben. O bebercio segue a ser de nivelazo. Non vou descobrir a Lassaigne , obviamente. Pero si ese ancestral 100% albariño que fai o grande Iago Garrido no Ribeiro . E cando vin que na mesa de a carón poñían o Roibal de Ribeiras de Armea , tiven que pedir unha copa, claro. No prato, tremenda a evolución. Sabores nítidos, intensos, sen adornos innecesarios. Paté de capón, chícharo bágoa (de La despensa de lujo ), ameixa babosa á tixola, porros á grella con romescu , kokotxas á romana con pirixel e cilantro. Queixo para rematar. Directo, contundente, sabedeiro. Mesón do Campo é dos que marca o camiño na (r)evolución da restauración nas vilas galegas. Ver esta publicación en Instagram Una publicaci...