Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imagen
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram

O valor do local na Artesa da Moza Crecha (Betanzos)

Imagen
A vista de Betanzos desde a Praza da Eira Vella é ben chula (última foto do post): o Mandeo, as barcas varadas, as galerías, as casas amoreadas por tras da rúa da Cerca. Tanto que ten un cadro de seu, coido que “Las tres barcas” de Francisco Lloréns. Uns poucos metros á dereita está a Artesa da Moza Crecha , que non pode ser máis coherente con esa postal na súa clara aposta polo territorio e a identidade: moito produto da Reserva da Biosfera e, por suposto, unha carta ben chea – xa na primeira páxina – de viño de Betanzos, mesmo cunha maridaxe construída só con el. Nós fomos cun Ramallo de Pagos de Brigante, para saírmonos das escollas habituais. Era a primeira vez: non dubidamos en escoller o menú longo. Vin unha cociña con moita intención, con gañas de contar cousas en cada prato. Eu quedo coas propostas menos complexas, máis directas: co intenso sabor do pisto que acompañaba o peixe (ou era ao revés), coa melosa faceira e o repolo, co ovo con patacas e chourizo, co petisco de sa...

Gunnen (A Coruña) consolídase, voa!

Imagen
Xa marcharan as outras dúas mesas e Chechu Rey levaba un anaco sentado á nosa. Falabamos daqueles vellos tempos do Agar Agar na Corveira, do xantar que se nos ía escapando co café, do que está aínda por vir. Nós sorríamos porque viñamos de comer mooooi ben. Chechu sorría porque, mesmo sen expresalo con palabras – el é así –, sabe ben as cousas que está facendo. O nivel que xa ten Gunnen . Gunnen, en neerlandés, é esa ledicia xenuína, sincera polo ben dos demais. É ledicia compartida: polo que un cociñeiro atinxe; por ver como o seu novo proxecto se consolida, voa; por comprobar que uns clientes de moitos anos gozan cada vez como se fora a primeira. Pensaba eu, durante esa conversa, que nunca vira un nome mellor posto a un restaurante. [E carallo se comemos ben. Ese prato de navalla, como me dicía alguén hai pouco, xa se gañou o seu posto no receitario galego de hoxe. Magníficos tamén os chícharos, a lura con lacón e trufa, as fabas lobas de Trives con grelos, os ourizos ou a b...

Buxo Taberna (Cambre): palabras maiores a poucos minutos da Coruña

Imagen
Líalle a Dani Carballeira hai uns días que Buxo Taberna (Brexo, Cambre) era a descuberta do ano, do século. Vindo de quen ven, reservei inmediatamente. Hoxe, domingo de sol - por fin! -, os callos na terraza apontaban maneiras. E, cinco minutos na mesa, falando con Iván sobre os sólidos e os líquidos, xa sabiamos que aquelo ía dar certo: o tipo estudou co grande Antón Gaibor e a conversa de viños amosaba criterio, moito criterio. Moitísimo criterio. Nós pedimos. E Iván sacou o paté de campaña con vinagreta e piparras, tamén as croquetas: ollo que estou aquí. Despois o xurelo marinado con tapenade e allo negro, as alcachofas con guanciale e xema no seu ponto certo, o steak tartar cun aliño presente pero non invasivo. As palabras maiores chegaran coa monumental empanada de cocido. Monumental. E coa robaliza, difícil en beurre blanc, na cocción precisa. O lagarto, graxo pero xuguento, pechou a modo de sobremesa salgada. O do líquido daría para un post enteiro. A botella condut...