Entradas

Mostrando entradas de enero, 2025

NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imagen
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram

Alén do lumbrigante no Pirixel (Arteixo)

Imagen
Teño falado por aquí do Pirixel , pero case sempre do que fan co lumbrigante: arroz e salpicón espectaculares. Obviamente, o restaurante é moito máis que iso. O domingo pasado, no medio do trebón (que ondas en Barrañán!), achegámonos tomarlle algo á brasa, todo do mar. Os berberechos e os mexillóns estaban no seu punto perfecto: estouraban na boca cun lixeirísimo arrecendo a fume. Non sei que me pasa ultimamente con berberechos e mexillóns, pero xa os poño mesmo por enriba dunhas boas ameixas que chegaran despois. Para o peixe, había robaliza, peixe sapo, pero fomos polo sanmartiño: sinxelo, ben cociñado, porque cando se manda ben na grella, non fai falla complicarse. Entón, con moi boa nota en lumbrigante e peixe á brasa, a próxima visita a este recanto da costa arteixá será a quenda das carnes. Non teño moita dúbida do resultado!!! Ver essa foto no Instagram Uma publicação compartilhada por Manoel Foucellas (@manoelfoucellas)

Unha noite máis nese remuíño treboento que é Millo (A Coruña)

Imagen
Cando chegou a vieira á mesa fixen unha viaxe no tempo a eses banquetes dos anos noventa. Centos de vieiras en enormes bandexas, recubertas de pan relado, cociñadas até o infinito – enxoitas, chiclosas – e empapadas nun mollo de tomate que lles quitaba o pouco sabor que alí puidera quedar. “Non pode ser”, pensei. E non era, claro. Porque estabamos en 2025, porque estabamos no Millo . A vieira estaba perfecta, case sen tocar, a cebola e o tomate ben integrados, a panceta dando o contrapunto. Xusto despois, outra volta de torca, outro tramo da montaña rusa. O cocido converteuse nunha cachucha prensada, envolta nunha costra crocante máis marcada que frita. Do lado, un pastel de nabizas. E todo aglutinado por un caldo deses. Un pratazo. Non eran só os pratos individualmente, tamén funcionou a secuencia. Porque despois da bomba anterior – graxa, potencia de sabor – a Pavlova e a súa carga cítrica facilitaran unha aterraxe tranquila no final da cea. Unha cea que comezara no mar, cun inte...

Revisitando a grella do Material (Malpica)

Imagen
Comezamos o ano gastronómico, case como o pasado , en Malpica, nas grellas do Restaurante Material . Pargo e frisona galega, no punto axeitado. Antes, mexillóns en escabeche e ameixa rubia á brasa. O magnífico 200 Cestos de A Coroa na copa. Da igual que chova como chovía onte: hai que vir probar esta proposta. Ver essa foto no Instagram Uma publicação compartilhada por Manoel Foucellas (@manoelfoucellas)

2024: os meus restaurantes do ano en Galicia

Imagen
Chega o momento de lembrar aquí os restaurantes galegos que máis pegada me deixaron durante este 2024 que acaba de rematar. Non foi fácil escoller só uns cantos, até reducir o número a sete: poderían ter sido máis, pero entón este post tería pouco de escolma. Como sempre, non están todos os que son, pero coido que son todos os que están. 2024 foi, para min, o ano do lume, do fogo, da brasa. E aí o Asador O Pazo brilla con luz propia: a versatilidade, a técnica, o control para apaxar por igual un lumbrigante, unha lura, unha vieira ou un chuletón. Falando de chuletón e de lume, Divino Steakhouse é unha mostra de consistencia abraiante, no produto e no punto milimétrico, perfecto, co que sempre sae a carne (e, ultimamente, non só a carne). Completa o trío do lume esa casona de pedra ás aforas de Pontevedra, Albanta , tamén a unha grande altura. O Salnés exerce como unha sorte de epicentro da gastronomía galega ou, polo menos, de concentración de restaurantes de nivel. E alí, no Gro...